A guerra civil estadounidense (tamén coñecida como guerra de Secesión; en inglés, American Civil War, The Civil War ou War Between the States) ocorreu nos Estados Unidos de América entre 1861 e 1865. Ningunha guerra causou máis mortes de americanos do que a Guerra Civil, que provocou un total de mortos estimado en 970 mil persoas -dos cales 620 mil eran soldados, preto do 3% da poboación americana da época. As causas da guerra civil, o seu desenlace, e aínda os propios nomes da guerra, son aínda motivos de controversia e debate nos días actuais.
A guerra civil estadounidense consistiu na loita entre 11 estados do Sur (latifundista e aristócrata) contra os estados do Norte (industrializado e dedicado a estilos máis modernos de vida). Esta diferenza de modos de vida considerase como unha das causas principais do conflito. Mentres o norte pasaba por un período de expansión económica grazas á industrialización, á protección ao mercado interno e á man de obra libre e asalariada, a economía do sur dependía da exportación de produtos agropecuarios -especialmente do algodón, cuxas exportacións eran a principal fonte de renda destes estados. A agricultura do sur, pola súa banda, dependía moito do uso do traballo escravo.
Ao longo das primeiras décadas do século XIX, a inmigración masiva e a intensa industrialización fixeron que o poder do Norte no goberno crecese económica e politicamente. Desenvolvéronse grandes tensións políticas e sociais entre o Norte e o Sur. En 1860, Abraham Lincoln, un republicano contrario á escravitude, venceu as eleccións presidenciais americanas. Lincoln, ao asumir o posto, alcumou os Estados Unidos "Casa Dividida".
En 1861, ano do inicio da guerra, o país consistía en 19 estados libres, onde a escravitude estaba prohibida, e 15 estados onde a escravitude era permitida. Ata o 4 de marzo, día en que Lincoln asumiu o posto de presidente, 11 estados escravistas declararan a súa separación da Unión, e crearon un novo país, os Estados Confederados de América. A guerra comezou cando forzas confederadas atacaron o Fort Sumter, un posto militar americano en Carolina do Sur, o 12 de abril de 1861, e rematou o 28 de xuño de 1865, coa rendición das últimas tropas da Confederación.
Durante a guerra civil, disputáronse 391 batallas en 28 estados da Unión, deixando un saldo de aproximadamente 620.000 mortos.
A Guerra Civil foi o episodio máis traumático da historia dos Estados Unidos de América. As cicatrices non se pecharon por completo ata o día de hoxe. Tódalas guerras posteriores en que participou Estados Unidos tiveron lugar moi alén das súas fronteiras, pero este conflito devastou o sur e someteu esa rexión á ocupación militar. O país perdeu máis homes nesta guerra que en calquera outra.
A guerra resolveu dous problemas fundamentais que dividiran aos Estados Unidos desde 1776: puxo fin á escravitude, que foi completamente abolida pola Emenda 13 da Constitución en 1865; e decidiu, dunha vez por todas, que os Estados Unidos non é unha colección de estados semi-independentes senón unha soa nación indivisible. Logo de catro amargos anos de guerra, conservouse a Unión e liberáronse os escravos.
Aínda que a vitoria do norte na Guerra Civil asegurou a integridade dos Estados Unidos como nación indivisible, moitas cousas destruíronse no curso do conflito, e o obxectivo secundario da guerra, a abolición do sistema de escravitude, logrouse só de xeito imperfecto. Para os negros, foi unha loita longa e penosa en busca da igualdade. Moitos trasladáronse ás cidades do norte, só para afrontar novas dificultades. Pero un crecente movemento en prol dos dereitos civís continúa traballando en contra de teimudos sistemas sociais e económicos co fin de garantir igualdade de oportunidades para os negros en materia de vivenda, educación e traballo.
Na guerra compuxéronse cancións coma When Johnny Comes Marching Home.
Antecedentes, contexto e comezos Abraham Lincoln perdeu unha contenda no Senado na que esixía un alto na expansión da escravitude, pero en 1860 el e Douglas volveron enfrontarse: esta vez como os candidatos presidenciais republicano e demócrata. Para entón a tensión entre o norte e o sur era extrema. En 1859, John Brown, un partidario do abolicionismo, tratara de iniciar unha rebelión de escravos en Virxinia atacando un depósito de municións do exército. Brown foi rapidamente capturado, xulgado e sentenciado á forca, tras o cal moitos habitantes do norte aclamárono como mártir. Con todo, os brancos do sur convencéronse de que o norte non estaba disposto a manter as liberdades estatais dentro da confederación de estados que constituían entón os Estados Unidos de América. miniatura|200px|dereita|O presidente Abraham Lincoln Douglas cominou aos Demócratas sureños a permanecer na Unión, pero estes pola súa banda nomearon o seu propio candidato presidencial e ameazaron con separarse se os Republicanos resultaban vitoriosos. A maioría nos estados sureños e fronteirizos votaron contra Lincoln, pero o norte apoiouno e gañou as eleccións.
En marzo de 1861, cando Lincoln tomou posesión do seu cargo, Carolina do Sur, Mississippi, Florida, Alabama, Xeorxia, Luisiana e Texas constituíronse nos Estados Confederados de América con Jefferson Davis como presidente, proclamando a súa escisión da Unión, acto que Lincoln declarou ilegal no seu discurso inaugural.
O primeiro acto de guerra foi o asalto confederado á gornición de Fort Sumter o 12 de abril de 1861. A represión do exército ao recuperar o forte, fixo que aos estados sudistas se lles unisen Virxinia, Arcansas, Tennessee e Carolina do Norte. Deste xeito comezou a guerra civil entre os estados Confederados do Sur e os estados do Norte, que acabaría coa vitoria destes últimos en 1865.
No fondo, era unha loita entre dous tipos de economías, unha industrial-abolicionista (norte) e outra agraria-escravista (sur), as cales eran totalmente diferentes. Figurativamente, podería dicirse que era unha loita entre o século XX e o século XIX. miniatura|200px|dereita|Bandeira do exército confederado, utilizada desde maio de 1863 ata o final da guerra. Os sureños (sete millóns de habitantes) declararon que non pelexaban só pola escravitude: de feito, a maioría dos soldados confederados eran demasiado pobres para posuír escravos. O sur estaba empeñado nunha guerra de independencia que mantivese as relacións entre o norte e o sur dentro da Commonwealth inglesa: unha segunda revolución.
Os confederados xeralmente tiveron a vantaxe de pelexar no seu propio territorio, e a súa moral era excelente. Tiñan magníficos soldados de infantaría e de cabalaría, e grandes xenerais, pero en número eran moito menores ca as forzas da Unión do norte. Ás forzas regulares, uníronselles rexementos europeos e partidas de voluntarios que fustrigaban ao inimigo con tácticas de guerrilla.
Ao finalizar a guerra, algúns dos integrantes de devanditas partidas foron perseguidos como fuxitivos polas desfeitas cometidas durante a contenda. A rede de ferrocarrís e a base industrial do sur non podían soster un esforzo bélico moderno.
Para librar a guerra, o Sur financiouse coa exportación de algodón que embarcaba cara a Europa e o Norte, coa emisión dun novo papel moeda, tras rexeitar Lincoln un préstamo de cinco millóns ao doce por cento de interese ofrecido por Moses Taylor. Ambas as partes suspenderon algunhas liberdades civís, imprimiron montañas de papel moeda e recorreron ao recrutamento.
A prioridade de Lincoln foi manter aos Estados Unidos como un só país. Tras as perdas iniciais das primeiras batallas, tivo que recoñecer que só podía cambiar o desenvolvemento da guerra facendo dela unha batalla contra a escravitude e así podería obter apoio para a Unión tanto no interior como no exterior. Consecuentemente, o 1 de xaneiro de 1863, segundo ano de guerra, deu a coñecer a Proclama de Emancipación, que outorgaba liberdade a tódolos escravos en áreas aínda controladas pola Confederación.
Evolución miniatura|193x193px|O campo da Batalla de Gettysburg, nun dólar conmemorativo dos campos de batalla da guerra civil estadounidense (1995) O exército sureño (Confederado) obtivo importantes vitorias na primeira etapa da guerra, pero no verán de 1863 o seu comandante, o xeneral Robert E. Lee, dirixiuse cara a Pensilvania, no norte. En Gettysburg atopouse cun exército da Unión, e así deu comezo a batalla de maior magnitude xamais librada en chan norteamericano. Logo de tres días de loita desesperada, os Confederados foron derrotados. A mariña da Unión rapidamente impuxo un bloqueo que creou graves escasezas de material bélico e bens de consumo na confederación. Ao mesmo tempo, no río Mississippi, o xeneral Ulysses S. Grant, da Unión, tomou a importante cidade de Vicksburg. As forzas da Unión controlaban agora todo o val do Mississippi, dividindo en dous á Confederación e afogando a súa saída ao mar.
En 1864, un exército da Unión ao mando do xeneral William T. Sherman atravesou Xeorxia destruíndo o territorio ó seu paso. Mentres tanto, o xeneral Grant batíase implacablemente coas forzas de Lee en Virxinia. O 2 de abril de 1865, Lee viuse forzado a abandonar Richmond, a capital da Confederación. Sete días despois rendeuse ante Grant na vila de Appomattox Courthouse, Virxinia, e tódalas demais forzas confederadas rendéronse pouco despois. O 14 de abril Lincoln foi tiroteado no teatro Ford polo actor John Wilkes Booth, e morreu a mañá seguinte. O 12 de maio de 1865, a Unión atacaba o Rancho Palmito no condado de Cameron na fronteira de México onde permanecían aínda forzas confederadas.
A primeira guerra contemporánea Son varios os datos que certifican á guerra civil estadounidense como a primeira guerra moderna. Foi a primeira en que combatían exércitos de cidadáns comúns e non soldados profesionais. Non foi a típica contenda europea motivada por dereitos rexios sobre determinados territorios, como o foi a Guerra de Crimea, anterior á guerra civil estadounidense, senón que existía un compoñente ideolóxico. O resultado do conflito tíñase que dar no campo de batalla, non se expuñan negociacións alternativas ás que as baionetas impuñan. Foi unha guerra onde predominou a estratexia sobre a táctica, pois gañou quen tivo máis aguante, máis industria e máis capacidade para repor con homes novos as vítimas dos campos de batalla. Aparece a guerra total: Sherman, no seu «avance cara ao mar», destruíu todo o que puido, entendendo que o non devastado podía servir para o inimigo.
Por vez primeira emprégase o telégrafo e o ferrocarril nas operacións militares, aínda que o compoñente tradicional non desaparece, pois as ordes no campo de batalla e os transportes necesitaban do compoñente animal. Utilizáronse por vez primeira barcos metálicos, pero o bloqueo fíxose case enteiramente polos tradicionais barcos de madeira e de vela. Algúns barcos acoirazados empregáronse nos ríos da conca do Mississippi, sendo algúns deles simplemente embarcacións con casco de madeira con protección metálica. Nesta guerra apareceu o rifle de retrocarga, o canón Gatling (antecesor da metralladora) e ata o submarino, a bomba de reloxería e as minas, tanto de terra como submarinas, aínda que as últimas non foron decisivas, e si cuestionadas pois cuestionaban a lexitimidade moral da intervención na guerra e eran consideradas como ferramentas bárbaras. Ademais non se consideraban como elementos decisivos para a guerra.
A importancia estratéxica do ferrocarril