Machuco, expresión galega para o concepto mash-up ou mashup do inglés. Emprégase para referirse a unha canción composta por partes doutras cancións. Púxose de moda co xurdimento e mellora dos programas informáticos de edición de son. A maior parte das veces consiste en combinar estrofas e melodías de dúas cancións diferentes para crear un produto novo.

Categoría:Xéneros musicais