O 30 de xullo é o 211º día do ano do calendario gregoriano e o 212º nos anos bisestos. Quedan 154 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1789 - Levanta áncoras de Cádiz a Expedición Malaspina, unha longa viaxe político-científica ó redor do mundo co fin de visitar case todas as posesións españolas en América e Asia. Nas dúas fragatas que a formaban ían os máis notables naturalistas, botánicos e astrónomos españois do momento. Rematou a viaxe o 21 de setembro de 1794. 1930 - Uruguai gaña a primeira Copa do Mundo de Fútbol. 1957 - O líder estudantil cubano Frank País e asasinado nas rúas da Habana pola policía do réxime de Fulgencio Batista. 1980 - Vanuatu tórnase independente. 1999 - Entronización do novo rei de Marrocos, Mohamed VI.

Nacementos miniatura|100px|Emily Brontë. 1511 - Giorgio Vasari, escritor, pintor e arquitecto italiano (m. 1574). 1818 - Emily Brontë, escritora británica (m. 1848). 1833 - Xosé Pérez Ballesteros, escritor e investigador do folclore galego (m. 1918). 1863 - Henry Ford, empresario industrial (m. 1947). 1893 - Juan Orol, actor e director cinematográfico galego-mexicano (m. 1988). 1898 - Henry Moore, escultor e deseñador británico (m. 1986). 1906 - Xesús Ferro Couselo, historiador e investigador (m. 1975). 1921 - Joan Triadú, escritor e crítico literario español (f. 2010). 1947 - Arnold Schwarzenegger, culturista, actor naturalizado norteamericano e gobernador da California. 1957 - Rui Veloso, cantante e compositor portugués. 1963 - Lisa Kudrow, actriz americana.

Mortes miniatura|100px|Otto von Bismarck. miniatura|100px|Nichelle Nichols. 1858 - Aurelio Aguirre, poeta galego (n. 1833). 1898 - Otto von Bismarck, chanceler alemán. 1910 - Aurelio Enríquez González, médico e político galego (n. 1845). 1957 - Frank País, líder estudantil e revolucionario cubano. 1960 - Manuel Casás Fernández, avogado, xornalista e escritor galego (n. 1867).

1981 - Ven Te Chow, enxeñeiro civil (n. 1914). 1989 - Ramón Areces, empresario asturiano (n. 1904). 2007 - Michelangelo Antonioni, cineasta italiano. 2007 - Ingmar Bergman, cineasta sueco (n. 1918). 2021 - Martha Sánchez Néstor, líder indíxena e feminista mexicana (n. 1974) 2022 - Nichelle Nichols, actriz que traballou coa NASA para recrutar mulleres no programa espacial (n. 1932)

Festas e celebracións Día Internacional da Amizade

Outros Santoral:

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Xullo