Harry Potter e a Orde do Fénix (en ) é un filme de fantasía e drama dirixido por David Yates e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o quinto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Michael Goldenberg e producido por David Heyman e David Barron. A historia céntrase no quinto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que o Ministerio de Maxia rexeita a idea do regreso de Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Ralph Fiennes, Michael Gambon, Imelda Staunton, Gary Oldman e Helena Bonham Carter.

O filme tivo a súa estrea nos Estados Unidos o 11 de xullo de 2007 e no Reino Unido e o 12 de xullo de 2007. Foi a primeira película de Harry Potter en proxectarse en cines IMAX 3D, aínda que tamén se estreou en salas convencionais e con IMAX. A recadación nas salas internacionais ascende a 938,2 millóns de dólares estadounidenses.

Sinopse

O quinto ano de Harry comeza sufrindo un ataque de Dementores en Little Whinging. Máis tarde, descobre que o Ministerio de Maxia nega o regreso de Lord Voldemort; asemade Harry comeza a sufrir continuos pesadelos. Pola súa banda, o Ministerio sitúa a Dolores Umbridge como nova profesora de Defensa contra a Maxia Negra para controlar a Albus Dumbledore. Así comeza unha loita que enfronta a un grupo de estudantes da escola (o Exército de Dumbledore) e a Orde do Fénix contra o Ministerio de Maxia e os Devoradores da Morte.

Elenco Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme. Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry. Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry. Helena Bonham Carter como Bellatrix Lestrange, unha das Devoradoras da Morte máis leais a Lord Voldemort. Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques de Hogwarts e membro da Orde do Fénix. Warwick Davis como Filius Flitwick, o profesor de Esconxuros en Hogwarts e xefe da Casa Ravenclaw. Ralph Fiennes como Lord Voldemort, o meigo escuro, que busca conquistar o mundo máxico. Michael Gambon como Albus Dumbledore, o director de Hogwarts. Brendan Gleeson como Ollotolo Moody, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix. Richard Griffiths como Vernon Dursley, tío muggle de Harry. Jason Isaacs como Lucius Malfoy, o pai de Draco Malfoy e un dos Devoradores da Morte. Gary Oldman como Sirius Black, padriño de Harry e membro da Orde do Fénix. Alan Rickman como Severus Snape, profesor de Apócemas de Hogwarts e membro da Orde do Fénix. Fiona Shaw como Petunia Dursley, tía muggle de Harry. Maggie Smith como Minerva McGonagall, a profesora de Transfiguración e membro da Orde do Fénix. Imelda Staunton como Dolores Umbridge, a nova profesora de Defensa contra a Maxia Negra e espía do Ministerio de Maxia en Hogwarts. David Thewlis como Remus Lupin, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix. Emma Thompson como Sybill Trelawney, a profesora de Adiviñación de Hogwarts. Julie Walters como Molly Weasley, a matriarca dos Weasley e figura maternal para Harry. Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry. Matthew Lewis como Neville Longbottom, amigo de Harry.

Produción A gravación do filme realizouse entre febreiro e novembro de 2006 en Inglaterra e Escocia para as escenas exteriores e nos Leavesden Film Studios en Watford para as tomas interiores. A posprodución da película continuou durante varios meses para engadir os efectos visuais.

Banda sonora A banda sonora de Harry Potter e a Orde do Fénix lanzouse ao mercado o 10 de xullo de 2007. Desta volta, Nicholas Hooper foi o encargado de compoñer as pezas musicais, despois de que John Williams o fixera nas tres primeiras entregas da saga e Patrick Doyle na cuarta.

As pezas "Another Story", "The Hall of Prophecies", "The Room of Requirement" e "A Journey to Hogwarts" conteñen partes de "Hedwig's Theme", escrita por John Williams. Ademais, Alexandre Desplat empregou "The Kiss" máis adiante na súa peza "A New Beginning" para a banda sonora de Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte).

Lista de pistas "Fireworks" – 1:49 "Professor Umbridge" – 2:35 "Another Story" – 2:41 "Dementors in the Underpass" – 1:45 "Dumbledore's Army" – 2:42 "Hall of Prophecy" – 4:27 "Possession" – 3:20 "The Room of Requirement" – 6:09 "The Kiss" – 1:56 "A Journey to Hogwarts" – 2:54 "The Sirius Deception" – 2:36 "Death of Sirius" – 3:58 "Umbridge Spoils a Beautiful Morning" – 2:39 "Darkness Takes Over" – 2:58 "The Ministry of Magic" – 2:48 "The Sacking of Trelawney" – 2:15 "Flight of the Order of the Phoenix" – 1:34 "Loved Ones and Leaving" – 3:15 "Divine Crusade" – 2:43 (tema do tráiler de X-Ray Dog)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Harry Potter da Warner Brothers Harry Potter e a Orde do Fénix na IMDb Harry Potter e a Orde do Fénix en Allmovie

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Yates Harry Potter 5 Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Heyday Films Categoría:Filmes rodados en Turquía Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados no Reino Unido Categoría:Filmes rodados en Buckinghamshire Categoría:Filmes ambientados en 1995 Categoría:Filmes ambientados en 1996 Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes baseados en obras de J. K. Rowling Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego