Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España. No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova. É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ,Madrid Histórico conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, agás un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.Excepto durante a guerra civil de 1936-39, cando desde novembro de 1936 a xaneiro de 1939, o Goberno da República trasladouse primeiro a Valencia e logo a Barcelona.

Xeografía Localización A cidade de Madrid atópase na zona central da Península Ibérica, a poucos quilómetros ao norte do Cerro de los Ángeles, centro xeográfico desta. As coordenadas da cidade son 40°26′ N 3°41′ O e a súa altura media sobre o nivel do mar é de 667 m, sendo así unha das capitais máis altas de Europa.

O contexto xeográfico e climático de Madrid é o da Submeseta Sur, dentro da Meseta Central. A cidade está situada a poucos quilómetros da Serra de Guadarrama e hidrograficamente pertence á conca do Texo.

Hidrografía O principal río de Madrid é o Manzanares, que penetra en municipio na contorna do Monte do Pardo alimentando o encoro do mesmo nome, ao que tamén chegan as augas dos arroios de Manina e Tejada. Pasado este espazo natural, o río comeza o seu curso urbano ao redor da cidade universitaria, entrando despois, brevemente, na Casa de Campo, onde recibe as augas do arroio de Meaques.

Clima miniatura|Rañaceos de AZCA con neve. As nevadas en Madrid son ocasionais e prodúcense xeralmente no inverno. O clima de Madrid é un clima mediterráneo continental e está moi influído polas condicións urbanas. A temperatura media é de 12 °C.

Os invernos son fríos, con temperaturas inferiores aos 4-5 °C, xeadas frecuentes e nevadas ocasionais. Os veráns son calorosos con medias ao redor dos 24 °C en xullo e agosto e con máximas que frecuentemente superan os 35 °C. A oscilación diaria é importante na periferia urbana, pero se ve reducida no centro da cidade polo efecto antrópico. A amplitude térmica anual é alta (19 graos, cifra propia da Meseta Sur) como consecuencia da gran distancia ao mar e a altitude (ao redor dos 600 m). As precipitacións anuais son superiores aos 400 mm, con mínimos moi marcados no verán (catro meses secos, de xuño a setembro) e grandes oscilacións entre a zona NO, bastante máis chuviosa, e a zona SE que resulta máis árida.

220px|miniatura|Climograma de Madrid (Parque do Retiro) + Observatorio do Parque do Retiro 1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec Total Temperaturamáxima (°C)9,712,015,717,521,426,931,230,726,019,013,410,119,4 Temperaturamínima (°C)2,63,75,67,210,715,118,418,215,010,26,03,89,7 Precipitacións (mm) 373526475225151028495656436

220px|miniatura|Climograma de Madrid (Barajas) + Observatorio do Aeroporto de Madrid-Barajas 1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec Total Temperaturamáxima (°C)10,612,916,318,022,328,233,032,427,620,614,711,020,6 Temperaturamínima (°C)0,31,53,25,48,813,016,116,012,78,33,81,87,6 Precipitacións (mm) 333423394726111224394848386

Historia

thumb|right|Festa na Praza Maior, c. 1630, por Juan de la Corte. Madrid é habitado dende tempos prehistóricos, pero a primeira referencia escrita está nas crónicas do Califato de Córdoba. Mohamed I construíu un pazo no século IX (onde hoxe está o Pazo Real), e a cidade foi chamada Magerit (de onde provén Madrid).

Afonso VI conquistou a cidade no 1085 na súa marcha ata Toledo, e derrubou a mesquita construíndo a igrexa da Virxe da Almudena.

Demografía A poboación de Madrid foi experimentando un importante aumento dende que se converteu en capital. Foi especialmente significativo no século XX, debido á gran cantidade de inmigración, tanto interior coma exterior.

Non obstante, este aumento desacelerouse en favor dos concellos da zona metropolitana a partir dos anos setenta, nos que Madrid comeza a perder poboación. No comezo do século XXI hai un aumento da inmigración. Segundo os derradeiros datos dispoñíbeis, a 1 de xullo de 2005 a poboación de Madrid ascendía a 3.228.914 habitantes, cun aumento de 271.856 habitantes respecto ao censo do 2001.

Fonte: INEhttp://www.ine.es/intercensal/

Xentilicio O xentilicio dos habitantes de Madrid é «madrileño» ou «matritense». Así e todo, aos habitantes de Madrid chamóuselles tamén «gatos» debido a que, segundo conta a lenda, a conquista da cidade polas tropas de Afonso VI no final do século XI realizouse mediante o asalto da muralla pola que agatuñaron as tropas castelás.

Outras lendas sinalan que o apelativo de gatos se outorgou aos cidadáns de Madrid na Idade Media pola súa grande habilidade á hora de gabear polas murallas e penedos coas mans espidas.

Distritos e barrios 400px|right A cidade divídese administrativamente en 21 distritos, divididos ao mesmo tempo en distintos barrios. Estes son: Centro: Palacio, Embajadores, Cortes, Justicia, Universidad, Sol. Arganzuela: (Paseo) Imperial, Acacias, La Chopera, Legazpi, Delicias, Palos de Moguer, Atocha. Retiro: Pacífico, Adelfas, Estrella, Ibiza, Jerónimos, Niño Jesús. Salamanca: Recoletos, Goya, Fuente del Berro, Guindalera, Lista, Castellana. Chamartín: El Viso, Prosperidad, Ciudad Jardín, Hispanoamérica, Nueva España, (Pz.) Castilla. Tetuán: Bellas Vistas, Cuatro Caminos, Castillejos, Almenara, Valdeacederas, Berruguete. Chamberí: Gaztambide, Arapiles, Trafalgar, Almagro, Vallehermoso, Ríos Rosas. Fuencarral-El Pardo : El Pardo, Fuentelarreina, Peñagrande, Barrio del Pilar, La Paz, Valverde, Mirasierra, El Goloso. Moncloa-Aravaca: Casa de Campo, Argüelles, Ciudad Universitaria, Valdezarza, Valdemarín, El Plantío, Aravaca. Latina: Los Cármenes, Puerta del Ángel, Lucero, Aluche, Las Águilas, Campamento, Cuatro Vientos. Carabanchel: Comillas, Opañel, San Isidro, Vista Alegre, Puerta Bonita, Buenavista, Abrantes. Usera: Orcasitas, Orcasur, San Fermín, Almendrales, Moscardó, Zofio, Pradolongo. Puente de Vallecas: Entrevías, San Diego, Palomeras Bajas, Palomeras Sureste, Portazgo, Numancia. Moratalaz: Pavones, Horcajo, Marroquina, Media Legua, Fontarrón, Vinateros. Ciudad Lineal: Ventas, Pueblo Nuevo, Quintana, La Concepción, San Pascual, San Juan Bautista, Colina, Atalaya, Costillares. Hortaleza: Palomas, Valdefuentes, Canillas, Pinar del Rey, Apóstol Santiago, Piovera. Villaverde: San Andrés, San Cristóbal, Butarque, Los Rosales, Los Ángeles. Villa de Vallecas: Centro histórico de Vallecas, Santa Eugenia. Vicálvaro: Centro histórico de Vicálvaro, Ambroz, Valdebernardo, Valderribas. San Blas: Simancas, Hellín, Amposta, Arcos, Rosas, Rejas, Canillejas, Salvador. Barajas: Alameda de Osuna, Aeropuerto, Centro histórico de Barajas, Timón, Corralejos.

Rañaceos en Madrid

miniatura|dereita|Skyline de Madrid. Madrid ten unha serie de edificios considerados rañaceos que se reparten en distintas zonas do centro da cidade. Actualmente, o parque empresarial chamado Cuatro Torres Business Area (CTBA) no norte do Paseo de la Castellana, reúne os catro rañaceos máis altos da cidade, que tamén son os máis altos de España: a Torre Bankia (250 metros), a Torre de Cristal (249 m), a Torre PwC (236 m) e a Torre Espacio (230 m).

Tamén no Paseo de la Castellana, na zona de AZCA, atópase o que foi o edificio máis alto da cidade dende 1988 ata 2007, a Torre Picasso, con 157 metros. Hai outros lugares de Madrid onde se concentran edificios notoriamente altos, aínda que algúns deles teñen discutida a súa cualificación de rañaceos. Na Praza de Castilla hai dúas torres especialmente rechamantes polo ángulo agudo que forma unha das súas fachadas co chan, os edificios da Puerta de Europa.

Cultura e lecer Museos e galerías miniatura|dereita|Museo do Prado. Madrid ten importantes pinacotecas, as cales constitúen unha das principais atraccións turísticas da cidade. Tres dos principais museos atópanse no chamado triángulo da arte: o Museo do Prado, O Museo Thyssen-Bornemisza e o Museo Raíña Sofía.

Os máis significativos son: O Museo do Prado. O Museo Thyssen-Bornemisza. O Museo Raíña Sofía. O Museo da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. O Museo Arqueolóxico Nacional. O Museo das Descalzas Reais. O Museo da Encarnación. O Museo Sorolla. O Museo das Ciencias Naturais. O Museo Nacional do Ferrocarril. O Museo Municipal. O Museo da Armada.

Monumentos miniatura|dereita|Muralla Árabe de Madrid Desde as orixes até ao s. XVI Muralla de Madrid Igrexa de San Nicolás dos Servitas Igrexa de San Pedro o Grande Casa dos Lujanes

Século XVI miniatura|dereita|Ponte de Segovia Capela do Bispo Casa Cisneros Mosteiro das Descalzas Reais Casa das Sete Chemineas Ponte de Segovia

Século XVII miniatura|dereita|Praza Maior Casa da Panadaría Mosteiro da Encarnación Palacio de Uceda (Capitanía) Claustro de San Xerónimo o Real Praza Maior Igrexa Colexiata de San Isidro Casa da Vila (Concello) Convento das Trinitarias Descalzas

Século XVIII dereita|miniatura|Porta de Alcalá Palacio Real A Casa de Correos A Casa de Postas A Real Casa de Aduanas Fonte da Cibeles Fonte de Apolo Fonte de Neptuno Porta de Alcalá Xardín Botánico Ponte de Toledo Observatorio Astronómico

Século XIX miniatura|dereita|Porta de Toledo Praza de Oriente Teatro Real Porta de Toledo Palacio do Senado Palacio do Congreso Teatro da Zarzuela Porta do Sol Biblioteca Nacional Banco de España Casón do Bo Retiro Palacio de Cristal Sociedade de Autores

Século XX Catedral da Almudena

Transporte Autovías miniatura|Mapa da Comunidade de Madrid sinalando as áreas do transporte urbano en Madrid por concellos. As principais autovías de Madrid teñen un percorrido radial. As máis importantes son as coñecidas nacionais: Identificador Percorrido A-1 Madrid – Aranda de Duero – Burgos – Miranda de Ebro – Vitoria – Donostia A-2 Madrid – Guadalaxara – Zaragoza – Lleida – Barcelona A-3 Madrid – Valencia A-4 Madrid – Córdoba – Sevilla – Xerez da Fronteira – Cádiz A-5 Madrid – Talavera de la Reina – Navalmoral de la Mata – Mérida – Badaxoz – fronteira portuguesa A-6 Madrid – Medina del Campo – Benavente – Astorga – Ponferrada – Lugo – A Coruña

Estas autovías son herdeiras das anteriores radiais (numeradas con números romanos: N-I, N-II etc.). Algúns tramos destas autovías son de peaxe denominándose entón AP-X. Nestes tramos adoita perdurar a correspondente estrada radial sen peaxe.

Outras autovías que teñen a súa orixe en Madrid e de grande importancia pola densidade da súa trafico son a A-42 que une Madrid con Toledo e a M-607, unha autovía autonómica que une Madrid co porto de Navacerrada, dando servizo ás localidades de Colmenar Viejo e Tres Cantos. A A-52 é o ramal que se toma en Benavente en dirección a Ourense e Vigo.