Harry Potter e o misterio do príncipe (en ) é un filme de fantasía e drama dirixido por David Yates e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sexto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman e David Barron. A historia céntrase no sexto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que se obsesiona cun misterioso libro de texto, se namora e intenta conseguir un recordo que ten a clave para derrotar a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Michael Gambon, Jim Broadbent, Alan Rickman, Tom Felton e Helena Bonham Carter.

O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 15 de xullo de 2009. A recadación nas salas internacionais ascende a 933,9 millóns de dólares estadounidenses. Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor fotografía, que finalmente gañou Avatar, e outra aos premios BAFTA aos mellores efectos especiais e ao mellor deseño de produción, ambos tamén gañados por Avatar. O misterio do príncipe é un dos filmes da saga mellor valorados pola crítica.

Estreouse na TVG, en galego, o 25 de decembro do 2013.

Sinopse

No sexto ano de Harry en Hogwarts, Lord Voldemort e os Devoradores da Morte aumentan o terror que provocan na poboación máxica e muggle. Albus Dumbledore persuade un vello amigo Horace Slughorn para que regrese a Hogwarts como profesor; non obstante, Dumbledore ten unha razón importante para que Slughorn cubra a vacante. Durante unha clase de Apócemas, Harry toma posesión dun libro de texto pertencente ao "Príncipe Mestizo" e cheo de anotacións ás marxes. Entrementres, Dumbledore e Harry manteñen reunións secretas co obxectivo de descubrir como destruír a Voldemort definitivamente.

Elenco Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme. Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry. Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry. Helena Bonham Carter como Bellatrix Lestrange, unha das Devoradoras da Morte máis leais a Lord Voldemort. Jim Broadbent como Horace Slughorn, o novo profesor de Apócemas de Hogwarts. Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques e profesor de Coidado de Criaturas Máxicas en Hogwarts. Warwick Davis como Filius Flitwick, o profesor de Esconxuros en Hogwarts e xefe da Casa Ravenclaw. Tom Felton como Draco Malfoy, inimigo de Harry e encargado de realizar unha misión secreta para Voldemort. Michael Gambon como Albus Dumbledore, o director de Hogwarts. Alan Rickman como Severus Snape, o antigo profesor de Apócemas e actual profesor de Defensa contra a Maxia Negra. Maggie Smith como Minerva McGonagall, a profesora de Transfiguración e membro da Orde do Fénix. Timothy Spall como Peter Pettigrew, o Devorador da Morte que traizoou os pais de Harry. Spall non ten liñas de texto durante o filme. David Thewlis como Remus Lupin, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix. Julie Walters como Molly Weasley, a matriarca dos Weasley e figura maternal para Harry. Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry. Matthew Lewis como Neville Longbottom, amigo de Harry.

Banda sonora A banda sonora de Harry Potter e o misterio do príncipe lanzouse ao mercado o 14 de xullo de 2009. As pezas musicais foron compostas por Nicholas Hooper e dirixidas por Hooper e Alastair King. É a segunda banda sonora dun filme da saga Harry Potter feita por Hooper, que xa se encargara do filme anterior, Harry Potter e a Orde do Fénix. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película.

"Dumbledore's Farewell" emprégase de novo en Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) durante as escena na que Harry ve os recordos de Snape no pensadoiro.

Lista de pistas "Opening" - 2:53 "In Noctem" - 2:00 "The Story Begins" - 2:05 "Ginny" - 1:30 "Snape & the Unbreakable Vow" - 2:50 "Wizard Wheezes" - 1:42 "Dumbledore's Speech" - 1:31 "Living Death" - 1:55 "Into the Pensieve" - 1:45 "The Book" - 1:44 "Ron's Victory" - 1:44 "Harry & Hermione" - 2:52 "School!" - 1:05 "Malfoy's Mission" - 2:53 "The Slug Party" - 2:11 "Into the Rushes" - 2:33 "Farewell Aragog" - 2:08 "Dumbledore's Foreboding" - 1:18 "Of Love & War" - 1:17 "When Ginny Kissed Harry" - 2:38 "Slughorn's Confession" - 3:33 "Journey to the Cave" - 3:08 "The Drink of Despair" - 2:44 "Inferi in the Firestorm" - 1:53 "The Killing of Dumbledore" - 3:34 "Dumbledore's Farewell" - 2:22 "The Friends" - 2:00 "The Weasley Stomp" - 2:51

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Harry Potter da Warner Brothers Harry Potter e o misterio do príncipe na IMDb Harry Potter e o misterio do príncipe en Allmovie

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2009 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por David Yates Harry Potter 6 Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Heyday Films Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados no Reino Unido Categoría:Filmes rodados en Noruega Categoría:Filmes ambientados en 1996 Categoría:Filmes ambientados en 1997 Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes baseados en obras de J. K. Rowling Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2009 con versión en galego