Chicago é unha filme musical estadounidense dirixido por Rob Marshall en 2002. Baséase no musical homónimo de 1975. Explora os temas da fama, o escándalo e a corrupción en Chicago durante a era do jazz. Está protagonizado por Renée Zellweger, Catherine Zeta-Jones e Richard Gere. Chicago céntrase nas historias de Roxie Hart (Zellweger) e Velma Kelly (Zeta-Jones) dúas asasinas presas que agardan polo seu xuízo no Chicago dos anos vinte. Roxie, unha esposa que quere ser artista de espectáculos, e Velma, unha estrela de vaudeville, loitan pola fama que as afaste da forca. O filme supón o inicio como director de Rob Marshall, que tamén fixo as coreografías do filme, e cuxo guión foi adaptado por Bill Condon, con música de John Kander e letra de Fred Ebb. Aclamada pola crítica, Chicago gañou seis Premios Óscar en 2003, incluíndo o premio ó mellor filme, sendo o primeiro musical en conseguilo dende Oliver! en 1968.
Sinopse En Chicago durante os anos 1920, as asasinas Roxie Hart (que asasinou o seu amante) e Velma Kelly (que matou o seu marido e a súa irmá xemelga) están dispostas a todo, a unha para evitar a pena de morte, no caso de Velma e para o mesmo e converterse nunha celebridade no caso da outra (Roxie). Para iso contarán coa axuda nada desinteresada de Billy Flynn, un dos avogados con menos escrúpulos de Chicago.
Personaxes Taye Diggs - Bandleader Catherine Zeta-Jones - Velma Kelly Renée Zellweger - Roxie Hart Dominic West - Fred Casely Jayne Eastwood - Sra. Borusewicz Bruce Beaton - Fotógrafo policía Roman Podhora - Sargento Fogarty John C. Reilly - Amos Hart Colm Feore - Harrison Rob Smith - Fotógrafo xornal Shawn Wayne Doyle - Reporteiro Steve Behal Robbie Rox Chita Rivera - Nickie
Galardóns e nomeamentos Premios Óscar Categoría Acode Resultado Oscar á mellor película Gañadora Oscar ó mellor director Rob Marshall Candidato Oscar á mellor actriz Renée Zellweger Candidata Oscar á mellor actriz secundaria Catherine Zeta-Jones Gañadora Oscar á mellor actriz secundaria Queen Latifah Candidata Oscar ó mellor actor secundario John C. Reilly Candidato Oscar ó mellor guión adaptado Bill Condon Candidato Oscar á mellor canción Fred Ebb por I move on Candidato Oscar á mellor fotografía Dion Beebe Candidato Oscar ó mellor deseño de vestiario Colleen Atwood Gañador Oscar á mellor dirección artística John Myhre Gañador Oscar á mellor montaxe Martin Walsh Gañador Oscar ó mellor son Michael Minkler Dominick Tavella David Le Gañador
Globos de Ouro Mellor película (comedia ou musical) Mellor actor (comedia ou musical) - Richard Gere Mellor actriz (comedia ou musical) - Renée Zellweger
BAFTA Mellor actriz secundaria - Catherine Zeta-Jones Mellor son
Premios SAG Mellor actriz - Renée Zellweger Mellor actriz secundaria - Catherine Zeta-Jones Mellor elenco
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Rob Marshall Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes ambientados en 1924 Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Categoría:Filmes musicais