O 15 de abril é o 105º día do ano do calendario gregoriano (106º nos anos bisestos). Quedan 260 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1846 - Constitución en Compostela da Xunta Superior do Reino de Galiza (no seo do Provincialismo). 1912 - Afundimento do RMS Titanic. 2013 - Un atentado terrorista deixa 3 mortos e 282 feridos durante unha maratón en Boston. 2019 - Un incendio arrasa gran parte da Catedral de Notre-Dame de París.
Nacementos miniatura|100px|Leonhard Euler. miniatura|100px|Samantha Fox. miniatura|100px|Emma Watson. 1452 - Leonardo da Vinci, inventor italiano (m.1519). 1707 - Leonhard Euler, matemático e físico suízo. 1858 - Émile Durkheim, sociólogo francés. 1891 - Serguei Prokofiev, compositor ruso. 1892 - Manuel Quiroga Losada, violinista e compositor galego. 1894 - Nikita Khrushchev político de Unión Soviética (m. 1971). 1921 - Carmen Arias, artista e empresaria galega. 1931 - Tomas Tranströmer, escritor sueco. 1938 - Claudia Cardinale, actriz de cine italiana. 1942 - Xosé Luís Bernal, humorista e actor galego. 1943 - Manuel Lourenzo, actor e dramaturgo galego (m. 2025), 1947 - Lois Chiles, actriz estadounidense. 1947 - Enrique Curiel, político galego (m. 2011). 1953 - Fiz Vergara Vilariño, poeta galego (m. 1997). 1959 - Emma Thompson, actriz británica. 1964 - Marga do Val, escritora e tradutora galega. 1966 - Samantha Fox, modelo e cantante británica. 1990 - Emma Watson, actriz británica.
Mortes miniatura|100px|Abraham Lincoln. 1446 - Filippo Brunelleschi, arquitecto florentino. 1765 - Mikhail Lomonosov, científico, xeógrafo, mosaiquista e escritor, polímata ruso (n. 1711). 1865 - Abraham Lincoln presidente de Estados Unidos, asasinado. 1889 - Justo Pelayo de la Cuesta Núñez, avogado e político galego. 1896 - Xoán Manuel Pereira de Castro, político e diplomático galego (n. 1820). 1938 - César Vallejo, poeta, dramaturgo e novelista peruano. 1942 - Robert Musil, escritor austríaco. 1971 - Jesusa Prado, política e revolucionaria galega (n. 1897). 1980 - Jean-Paul Sartre, filósofo francés. 1986 - Jean Genet, poeta, dramaturgo e novelista francés.
Festas e celebracións Día Mundial da Arte, en lembranza de que tal día como hoxe, de 1452, naceu Leonardo da Vinci
Outros Santoral: Anastasia, Haníbal, Siro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Os 366 días do ano
Categoría:Abril