Gangs of New York é un filme do 2002 feito polo estudio Miramax, situado na metade do século XIX no distrito de Five Points de Nova York. Foi dirixido por Martin Scorsese e escrito por Jay Cocks, Steven Zaillian e Kenneth Lonergan.
A película foi nomeada a dez premios Oscar da Academia incluíndo mellor filme e mellor director, aínda que non gañou ningún.
Sinopse
Nova York, 1863. Antes da cidade actual, chea de riqueza, poder e soños infinitos, Nova York era un lugar diferente, unha cidade nacente onde o desexo por unha vida mellor enfurecía á súa xente e xeraba violencia nas rúas. Mentres a supervivencia do país se debatía na guerra civil, un vasto e perigoso grupo de persoas medraba no baixo mundo. Pero na moza e nacente cidade, chegaba o momento de loitar contra os desapiadados ó bordo da loita a liberdade de futuras xeracións.
miniatura|250px|dereita|Martin Scorsese, Leonardo DiCaprio e Cameron Diaz no Festival Internacional de Cinema de Cannes (2002).
Personaxes Leonardo DiCaprio como Amsterdam Vallon Daniel Day-Lewis como William Cutting Cameron Diaz como Jenny Everdeane Liam Neeson como "Sacerdote" Vallon Jim Broadbent como William M. Tweed Henry Thomas como Johnny Sirocco Brendan Gleeson como Walter "Monk" McGinn Gary Lewis como McGloin John C. Reilly como Happy Jack Mulraney Stephen Graham como Shang Larry Gilliard Jr. como Jimmy Spoils Eddie Marsan como Killoran Alec McCowen como Reverendo Raleigh David Hemmings como John F. Schermerhorn Cara Seymour como Hell-Cat Maggie Roger Ashton-Griffiths como P. T. Barnum Barbara Bouchet como Mrs. Schermerhorn Michael Byrne como Horace Greeley John Sessions como Harry Watkins Richard Graham como Harvey-Card Player Giovanni Lombardo Radice como Mr. Legree Martin Scorsese como Dono dunha casa rica
Galardóns e nomeamentos 2002: 10 Nomeamentos ós Oscar, incluíndo mellor filme, director, guión, actor (Daniel Day-Lewis). 2002: 2 Globos de Ouro: Mellor Director, canción. 5 nomeamentos. 2002: BAFTA: Mellor actor (Daniel Day-Lewis). 12 nomeamentos. 2002: Nomeado ó César: Mellor filme estranxeiro. 2002: Círculo de críticos de Nova York: Mellor actor (Daniel Day-Lewis).
Notas
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua irlandesa Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes en lingua latina Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Martin Scorsese Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 1846 Categoría:Filmes ambientados en 1862 Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre a Guerra de Secesión Categoría:Filmes sobre racismo