miniatura|Sede da FEMP, en Madrid.
A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) é unha asociación española de entidades locais que agrupa concellos, Deputacións provinciais e a deputación foral de Áraba, Consells Insulars e Cabidos insulares.
Constitución Ficou constituída ó amparo do disposto na Disposición Adicional Quinta da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e foi declarada como Asociación de Utilidade Pública mediante acordo de Consello de Ministros o 26 de xuño de 1985.
Sede Constitúe a sección española do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE), e é a sede oficial da Organización Iberoamericana de Cooperación Intermunicipal (OICI).
A súa sede oficial atópase en Madrid.
Consello Federal da FEMP A composición de membros do Consello Federal da FEMP, consultada a comezos do 2015, é a seguinte:
Presidente: Abel Caballero, alcalde de Vigo. Vicepresidente Primeiro: Cuca Gamarra, alcaldesa de Logroño. Vicepresidente Segundo: Aníbal José Vázquez Fernández, alcalde de Mieres, Asturias.
Vogais: Carlos Martínez Mínguez, alcalde de Soria Mariví Monteserín, alcaldesa de Avilés Antonio Rodríguez Osuna, alcalde de Mérida Gabriel Cruz, alcalde de Huelva María Concepción Brito Núñez, alcaldesa de Candelaria, Santa Cruz de Tenerife Mikel Serrano Aperribay, alcalde Zumarraga, Guipúscoa. Pilar Zamora, alcaldesa de Cidade Real Juan Jesús Ros Piles, alcalde de Torrente (Valencia) Javier García Ibáñez, alcalde de Arnedo (A Rioxa) Xavier Amor Martín, alcalde de Pineda de Mar, Barcelona Mercè Conesa Pagès, presidenta Deputación de Barcelona Gema Igual Ortiz, alcaldesa de Santander José Ballesta Germán, alcalde de Murcia Antonio Román Jasanada, alcalde de Guadalajara José Manuel Baltar Blanco, presidente da Deputación de Ourense Francisco Vázquez Requero, presidente da Deputación de Segovia Elías Bendodo Benasayag, presidente da Deputación de Málaga Javier Moliner Gargallo, presidente da Deputación de Castellón Francisco Javier Fragoso Martínez, alcalde de Badaxoz David Pérez García, alcalde de Alcorcón, Comunidade de Madrid Emma Buj Sánchez, alcaldesa de Teruel
Presidencia Dous alcaldes galegos do PSOE presidiron a FEMP en distintos momentos ao longo da súa historia: Francisco Vázquez, daquela alcalde da Coruña, presidiuna entre 1991 e 1995 e de novo entre 2003 e 2006; Abel Caballero, na altura alcalde de Vigo, presidiuna entre 2015 e 2023. Na actualidade (setembro de 2023) está pendente de escolla o novo presidente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Federación Galega de Municipios e Provincias Ligazóns externas FEMP.es
Categoría:Política de España