La vita è bella é unha película italiana de 1997 que narra como un italiano xudeu, Guido Orefice (interpretado por Roberto Benigni, que tamén dirixe o filme), vive no seu propio mundo: unha especie de historia romántica como contraposición ó terrible mundo que lle rodea de campos de concentración na segunda guerra mundial.

O obxectivo deste xogo que crea o protagonista é protexer ó seu fillo para que este non se dea conta de cal é a situación real que están vivindo.

Premios Esta película foi premiada en diversas partes do mundo, algúns deles son: Celebrado en 1998 na cidade de Londres, mellor película, Premio do cine europeo. En Francia, Premio do Xurado no Festival de Cannes en 1998. En Grecia, Festival de Cine Internacional de Atenas, Premio de audiencia, en 1998. En Polonia, Festival de Cine Internacional de Varsovia, Premio de audiencia, en 1998. No Canadá, Festival de Cine Internacional de Vancouver, como a película máis popular en 1998. En Italia, Sindicato Nacional Italiano de Xornalistas de Cine, mellor actor, mellor director, mellor historia orixinal e mellor guión, en 1998. En Francia, Premios César, mellor película estranxeira en 1999. En Alemaña, Premios do Cine Alemán, mellor película estranxeira en 1999. En Australia, Instituto de Cine Australiano, mellor película estranxeira en 1999. Nos Estados Unidos, Premios Oscar, gañou tres Oscar, mellor actor, mellor película estranxeira, mellor música orixinal en 1999.

Nomeamentos Esta película tamén foi obxecto de diversos nomeamentos: En Noruega, Premios Amanda, mellor película estranxeira, en 1999. En Australia, Círculo de Críticos Cinematográficos de Australia, mellor película estranxeira en 1999. En Reino Unido, Premios do Cine Independente Británico, mellor película estranxeira, en 1999. En Estados Unidos, Premios Oscar, catro nomeamentos: mellor director, montaxe, película e guión orixinal, en 1999. No Xapón, Premios da Academia Xaponesa, mellor película estranxeira no ano 2000. En Checoslovaquia, Czech Lions, mellor película estranxeira no ano 2000.

Banda sonora A banda sonora da película é de Nicola Piovani, que conseguiu por ela o Premio Oscar.

Está composta polos seguintes temas: Beautiful that way-Noa Buongiorno Principessa La vita è bella Viva Giosuè Grand hotel valse La notte di favola La notte di fuga Le uova nel cappello Grand hotel fox Il treno nel buio Arriva il carro armato Valsa Larmoyante L'uovo di struzzo-Danza etiope Krautentang Il gioco di Giosuè Barcarolle Guido e Ferruccio Abbiamo vinto (titoli di coda)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 71ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes dirixidos por Roberto Benigni Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes ambientados en 1939 Categoría:Filmes ambientados en 1945 Categoría:Óscar ó mellor filme internacional