El laberinto del fauno é unha coprodución hispano-mexicana(78% Spanish production, 22% Mexican production) filmada en España, con guión e dirección do mexicano Guillermo del Toro.
Sinopse
El laberinto del fauno transcorre nunha zona non identificada do norte de España no ano 1944, cinco anos tralo fin da guerra civil española. Conta a apaixonante viaxe de Ofelia (Ivana Baquero), unha nena de 11 anos moi afeccionada ós libros de fantasía que, xunto á súa nai, Carmen (Ariadna Gil), nun delicado estado de saúde debido ó seu avanzado estado de xestación, trasládase ata un pequeno pobo no que se atopa destacado Vidal (Sergi López Ayats), un cruel capitán da Garda Civil franquista, novo marido de Carmen (o pai de Ofelia morrera durante a guerra) e polo que Ofelia non sente ningún afecto.
O capitán Vidal atopábase destacado para acabar cos últimos vestixios da resistencia republicana, escondida nos montes da zona, para o que non dubida en utilizar toda clase de procedementos, incluíndo o asasinato e a tortura, así como o racionamento de alimentos da poboación civil da zona.
Vidal ten o seu centro de operacións nun antigo muíño situado fóra do pobo. Á parte dos gardas civís, no muíño espéranlles Mercedes (Maribel Verdú), unha moza do pobo que se atopa a cargo dos demais membros do servizo, e o doutor Ferreira (Álex Angulo), que se fará cargo de Carmen.
Unha noite Ofelia descobre as ruínas dun labirinto onde se atopa cun fauno (Doug Jones), unha estraña criatura que lle fai unha revelación: Ofelia non é en realidade quen cre ser senón unha princesa, última da súa estirpe, á que o seu pobo leva moito tempo esperando. Para poder regresar, deberá superar tres probas antes de que chegue a lúa chea. No transcurso da súa misión, a fantasía e a brutal realidade mestúranse, dando lugar a unha historia onde a maxia que rodea a Ofelia sérvelle para evadirse da cruel realidade na que se atopa inmersa.
Personaxes Ivana Baquero como Ofelia / Princesa Moanna Sergi López como Capitán Vidal Maribel Verdú como Mercedes Doug Jones como Fauno Ariadna Gil como Carmen Álex Angulo como Doutor Ferreiro Manolo Solo como Garcés César Vea como Serrano Roger Casamajor como Pedro Federico Luppi como Rei do inframundo Pablo Adán como Narrador / Voz do Fauno
Outros datos Foi a película rodada en castelán máis exitosa da historia nos Estados Unidos. Foi estreada en España o 11 de outubro de 2006 e en México o 20 de outubro do mesmo ano. O 15 de outubro tivo lugar unha estrea limitada para Estados Unidos na cidade de Nova York, á que asistiron Guillermo del Toro e Doug Jones. O debut en máis cines levouse a cabo o 29 de decembro do mesmo ano. Entre os festivais internacionais nos que se exhibiu a película figuran o Festival Internacional de Cine de Cannes, o Festival de cine fantástico de Sitges o festival Bos Aires Vermello Sangue e o Festival de cine de Toronto, en todos a película obtivo grande éxito de crítica en todos os casos. A película foi elixida como candidata oficial de México ó Óscar na categoría de mellor película en lingua non inglesa. Isto foi posible grazas a que se trata dunha coprodución hispanomexicana, aínda que parte do equipo técnico e a case totalidade do elenco de actores (coas excepcións de Doug Jones e Federico Luppi) é de nacionalidade española. É a primeira película do xénero de fantasía nomeada ó Óscar en devandita categoría. A comezos de agosto de 2007, a película mantíñase cun 8,5 de nota en The Internet Movie Database (aparecendo no posto 46 dentro das 250 mellores películas para IMDb) e un 96 sobre 100 en Rotten Tomatoes . Grazas á súa amizade con Guillermo del Toro, Mike Mignola (debuxante de Hellboy) e Drew Struzan (creador dos pósteres da saga Star Wars) accederon a debuxar pósteres especiais para a película. A película contén polo menos dúas referencias ó anterior proxecto de Dl Toro, Hellboy (2004). Nesta película aparecen dúas das fadas de El Labirinto del Fauno conservadas nos laboratorios da ficticia Axencia de Investigación Paranormal, e o altar que se atopa na estancia do fauno é empregado na cerimonia de resurrección de Rasputín. É a segunda parte da triloxía informal de películas fantásticas ambientadas na guerra civil e posguerra española de Guillermo del Toro. A primeira foi El espinazo del diablo (2001) centrada nun orfanato acosado por unha pantasma nos últimos días da guerra civil. Garda referencias a Labyrinth de Jim Henson e as películas en technicolor. A película é moi violenta. Contén decenas de asasinatos por disparos con pistolas na cabeza, ou a curtísima distancia. Nunha das primeiras escenas, o capitán protagonista mata a un mozo campesiño detido diante do seu vello pai, esmagándolle o cranio cunha botella en repetidos golpes. A película foi rodada nos piñeirais de El Espinar (Segovia), entre xullo e setembro de 2005. Ese mesmo ano, finalizando a rodaxe da película e coincidindo coas festas de San Rafael, núcleo onde se rodou, Guillermo del Toro foi pregoeiro das festas Agradecemento de película, en elespinar.info.
Premios Premios Goya 2006 Entregados o 28 de xaneiro de 2007. Categoría Acode ResultadoMellor películaCandidataMellor directorGuillermo del ToroCandidatoMellor actorSergi López AyatsCandidatoMellor actrizMaribel VerdúCandidataMellor actriz revelaciónIvana BaqueroGañadoraMellor guión orixinalGuillermo del ToroGañadorMellor fotografíaGuillermo NavarroGañadorMellor montaxeBernat VilaplanaGañadorMellor dirección artísticaEugenio CandidatoMellor música orixinalJavier NavarreteCandidatoMellor sonMiguel Polo, Martín HernándezGañadoresMellor maquillaxe e barberíaJosé Quetglas, Blanca SánchezGañadoresMellores efectos especiaisDavid Martí, Reyes Abades, Montse RibeGañadores
Premios BAFTA 2006 Entregados o 11 de febreiro de 2007. Categoría Persoa ResultadoMellor película de fala non inglesaGañadoraMellor guión orixinalGuillermo del ToroCandidatoMellor fotografíaGuillermo NavarroCandidatoMellor deseño de produciónEugenio CandidatoMellor deseño de vestiarioLala Huete, Rocío RedondoGañadorasMellor sonMiguel Polo, Martín HernándezCandidatosMellor maquillaxe e barberíaJosé Quetglas, Blanca SánchezGañadoresMellores efectos visuaisEverett BurrellCandidato
Premios Oscar 2006 Entregados o 25 de febreiro de 2007 Categoría Persoa ResultadoMellor película estranxeira Candidata (por México)Mellor fotografíaGuillermo NavarroGañadorMellor guión orixinalGuillermo del ToroCandidatoMellor maquillaxeDavid Martí, Montse RibéGañadoresMellor banda sonoraJavier NavarreteCandidatoMellor dirección artísticaEugenio , Pilar RevueltaGañadores
Premios Ariel 2006 Gañador de 9 premios de 12 nomeamentos: Ariel de Ouro á Mellor Película -> Gañadora Ariel a Mellor Director -> Gañador: Guillermo del Toro Ariel á Mellor Actriz -> Gañadora: Maribel Verdú Ariel ó Mellor Actor Secundario -> Nomeada Ariel á Mellor Edición -> Nomeada Ariel á Mellor Fotografía -> Gañadora Ariel á Mellor Dirección de Arte -> Gañadora Ariel ó Mellor Vestiario -> (Lala Huete) Gañadora Ariel á Mellor Maquillaxe (José Quetglás e Blanca Sánchez -> Gañadora Ariel ós Mellores Efectos Visuais -> Gañadora Ariel á Mellor Música Orixinal -> Gañadora Ariel ó Mellor Son -> Nomeada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de México propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 79ª edición dos Óscar
Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Guillermo del Toro Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes de Telecinco Cinema Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en 1944 Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes sobre o embarazo Categoría:Filmes sobre a guerra civil española