O 22 de decembro é o 356º día do ano do calendario gregoriano e o 357º nos anos bisestos. Quedan 9 días para finalizar o ano.
Acontecementos 69 - Vespasiano é proclamado emperador de Roma. 401 - En Roma Inocencio I é elixido Papa. 1248 - Fernando III entra na conquistada Sevilla. 1622 - Miguel Trujillo e Andrés Paez de Sotomayor fundan a cidade colombiana de Bucaramanga. 1666 - en París fúndase a Academia de Ciencias, obra de Jean-Baptiste Colbert. 1711 - O arquiduque Carlos é coroado emperador en Frankfurt co nome de Carlos VI. 1815 - José María Morelos, líder revolucionario de México, é fusilado en San Cristóbal Ecatepec. 1849 - O escritor ruso Fiódor Dostoievski é indultado ante o pelotón que o ía fusilar. 1857 - Forzas militares de Inglaterra e Francia toman a cidade chinesa de Cantón, que será gobernada ata 1901 por unha comisión anglofrancesa. 1885 - o samurai Itō Hirobumi convértese no primeiro Primeiro Ministro do Xapón. 1919 - O secretario norteamericano de Xustiza, Palmer, ordena a detención de membros comunistas e anarquistas perante o temor de que se produzan desordes. 1922 - Un choque de trens en Ontinyent (provincia de Valencia) causa 11 mortos e 90 feridos. 1928 - As grandes potencias recoñecen a autonomía alfandegaria da China. 1929 - Fracasa o plebiscito organizado pola extrema dereita alemá contra o Plan Young. 1933 - As mulleres españolas votan por primeira vez nunhas eleccións lexislativas. 1938 - Otto Hahn, director de química do Instituto Kaiser de Berlín, e mailo seu equipo acadan a primeira fisión nuclear da historia. 1939 - Fracasa a ofensiva soviética en Finlandia. 1940 - Ataque aéreo alemán sobre Manchester (Inglaterra). 1944 - Fúndase o Exército Popular Vietnamita para loitar contra a ocupación xaponesa. 1945 - A empresa aeronáutica estadounidense Beech Aircraft Corporation fai voar por primeira vez o avión Bonanza 35. 1947 - Na Revolución Chinesa, os comunistas chegan as portas de Pequín. 1965 - O comandante das tropas norteamericanas no Vietnam, o xeneral William Westmoreland, anuncia unha tregua polo Nadal. 1966 - Rodesia do Sur, abandona a Commonwealth. 1969 - Bernadette Devlin, membro da Cámara dos Comúns, é condenada en Londonderry (Irlanda do Norte) a seis meses de cárcere, acusada de participar nas desfeitas do mes de agosto pasado. 1970 - O goberno peruano concede unha amnistía total para os presos políticos. 1971 - O austríaco Kurt Waldheim é elixido novo secretario xeral da ONU. 1972 - Rescátanse os 16 superviventes dun accidente aéreo ocorrido 70 días antes nos Andes con 36 persoas no interior. 1973 - A OPEP duplica os seus prezos pola crise do petróleo. 1989 - Durante a Revolución Romanesa, Ion Iliescu proclámase presidente de Romanía rematando coa ditadura comunista de Nicolae Ceauşescu. 2001 - Burhanuddin Rabbani, líder político de Alianza Afgá no Norte, cede o poder sobre Afganistán ao goberno interino encabezado polo Presidente Hamid Karzai.
Nacementos miniatura|125px|dereita|Giacomo Puccini. miniatura|125px|dereita|Álvaro Cunqueiro. 1639 - Jean Racine, dramaturgo francés (m. 1699). 1856 - Frank Billings Kellog, político estadounidense, premio Nobel da Paz en 1929 (m. 1937). 1858 - Giacomo Puccini, compositor italiano (m. 1924). 1864 - Federico Gamboa, xornalista, narrador e autor dramático mexicano. 1859 - Manuel Gutiérrez Nájera, poeta mexicano. 1876 - Filippo Tommaso Marinetti, poeta italiano (m. 1944). 1879 - Armando Cotarelo Valledor, escritor galego (m. 1950). 1887 - Srinivasa Ramanujan, matemático indio. 1884 - Antón Losada Diéguez, escritor galego (m. 1929). 1896 - Fernando Pérez Barreiro, xornalista, escritor e político galego (m. 1968). 1900 - Ofelia Uribe de Acosta, política colombiana. 1903 - Haldan Keffer Hartline, fisioloxista estadounidense, Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (m. 1983).
1905 - Mary Morandeira, xornalista e escritora galega. 1911 - Álvaro Cunqueiro, escritor e xornalista galego (m. 1981).
1932 - Rafael Úbeda Piñeiro, pintor galego. 1933 - Abel Pacheco, presidente da Costa Rica entre 2002 e 2006. 1942 - Dick Parry, músico británico (Pink Floyd). 1947 - Porfirio Lobo Sosa, presidente de Honduras. 1949 - Robin Gibb, músico e cantante inglés (Bee Gees). 1949 - Maurice Gibb, músico e cantante inglés (Bee Gees) (m. 2003). 1953 - Pantera Rodríguez, boxeador galego (m. 2000). 1956 - Michele Alboreto, piloto de fórmula 1 italiano. 1959 - Bernd Schuster, xogador de fútbol alemán. 1963 - Giussepe Bergomi, xogador de fútbol italiano. 1966 - María Pujalte, actriz galega. 1989 - Jordin Sparks, cantante estadounidense.
Mortes miniatura|125px|dereita|Andrés do Barro. 69 - Vitelio, emperador de Roma. 1745 - Jan Dismas Zelenka, compositor barroco checo. 1815 - José María Morelos, líder na guerra de independencia mexicana. 1828 - William H. Wollaston, químico inglés. 1867 - Théodore Rousseau, pintor francés (n. 1812). 1870 - Gustavo Adolfo Bécquer, poeta español. 1880 - George Eliot, escritora británica. 1922 - Ignacio Ares de Parga, pedagogo e político galego (m. 1865). 1930 - Xosé Lesta Meis, escritor galego (n. 1887).
1935 - Victorino Abente Lago, escritor galego (n. 1846).
1941 - Santos Jorge, músico panameño. 1942 - Franz Boas, antropólogo estadounidense. 1947 - Fernando González Gómez, xornalista e político vasco (n. 1868). 1973 - Augusto Casas, avogado e escritor galego (n. 1906). 1987 - Luca Prodan, músico arxentino. 1989 - Samuel Beckett, escritor irlandés, premio Nobel de Literatura en 1969. 1989 - Andrés do Barro, cantante e actor galego (n. 1947). 1996 - Carmen Sierra, profesora e política galega (n. 1906).
1999 - Robert Bresson, cineasta francés.
2002 - Joe Strummer, músico británico. 2004 - Dietrich Schwantiz, escritor alemán. 2004 - Tom Wesselmann, pintor estadounidense. 2007 - Julien Gracq, escritor francés. 2008 - Lansana Conté, presidente de Guinea (n. 1934). 2014 - Joe Cocker, cantante inglés de música rock e blues (n. 1944).
Festas e celebracións Sorteo Extraordinario de Nadal (Lotaría Nacional)
Outros
Os 366 días do ano
Categoría:Decembro