Jorge Coira Nieto, nado en Rábade en 1971, é un director de cine e guionista galego.
Traxectoria Comezou a mediados dos anos 90 facendo curtametraxes nas que contou coa participación de actores como Luís Tosar, Isabel Blanco, María Bouzas, María Pujalte, Xosé Manuel Olveira "Pico" ou o dúo Mofa e Befa.
En 2002 filmou a súa primeira longametraxe, un telefilme chamado Entre bateas, un drama protagonizado por Miguel de Lira. O seu seguinte proxecto cinematográfico foi a película O ano da carracha, unha produción na que contou cun elenco con multitude de actores galegos e tamén do panorama estatal.
No ano 2010 estreou 18 comidas, unha película coral producida por Fernanda del Nido que na que o director contou cun elenco amplo con actores como Luís Tosar, María Vázquez, Xosé Barato, Pedro Alonso, Sergio Peris Mencheta ou Víctor Clavijo, entre outros. Nos seguintes anos dirixiu a gravación do DVD de Torre de Breoghán, álbum en directo de Luar na Lubre xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Estreouse como director de teatro no 2016 coa obra Get Back producida por Eme 2, e no 2019 estreou un novo filme, Eroski Paraíso.
En 2022 estreou Código Emperador, un filme de suspense protagonizado por Luís Tosar.
Na televisión traballou en varios proxectos da Televisión de Galicia: series de ficción como Terra de Miranda, As leis de Celavella, Padre Casares, Luci ou documentais como Vida nas mareas ou Chunda Chunda. Ademais dirixiu episodios en series nacionais como El Comisario (Telecinco), Pelotas (TVE1), Piratas (Telecinco) entre outras. En 2019 dirixiu a serie Hierro, creada por seu irmán Pepe e emitida en Movistar+.
Como actor participou na curtametraxe Antonio, Jorge y Luís (1998), de Beatriz Santana e Miguel Asensio, xunto con Luís Tosar e Antonio Pereira Saqués.
Filmografía Curtametraxes As Xoias da Señora Bianconero (1994) Gran liquidación (1995) O Matachín (1996) ¿A ti como se che di adeus? (1999)
Longametraxes Entre bateas (2002) O ano da carracha (2004) 18 comidas (2010) Eroski Paraíso (2019) Código Emperador (2022)
Series Terra de Miranda (2001) As leis de Celavella (2003-2005) Padre Casares (2008) Piratas (2011) Lucy (2013-2014) Vidago Palace (2017) Hierro (2019) Rapa (2022)
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2002Mellor directorEntre bateas GañadorMellor directorTerra de MirandaNomeado (con Chema Gagino)Mellor montaxeEntre bateasGañador (con Guillermo Represa)2004Mellor directorO ano da carracha Gañador2005Mellor directorAs leis de Celavella Gañador (con Carlos Sedes)Mellor realizaciónAs leis de CelavellaGañador (con Carlos Sedes)2008Mellor montaxeO menor dos males GañadorMellor realizaciónPadre CasaresGañador (con Carlos Sedes, Manuel Espiñeira e Álex Sampayo)2009Mellor director¿Qué culpa tiene el tomate?NomeadoMellor montaxe¿Qué culpa tiene el tomate?Nomeado2010Mellor director18 comidas GañadorMellor guión18 comidasGañador (con Araceli Gonda e Diego Ameixeiras)Mellor montaxe18 comidasGañador2013Mellor directorLuciNomeadoMellor guiónLuciNomeado (con Araceli Gonda e Pepe Coira)2018Mellor montaxeA sombra da leiGañador
Premio “A Coruña... de cine” 1994 concedido polo Concello da Coruña ó mellor guión por Gran Liquidación. Premio do Festival de Cinema Internacional de Ourense á mellor curtametraxe por O matachín. Premio Velvet por O matachín. Premio do público na III Mostra de Curtmetratges de Vilafranca (1998). Premio AGAPI 2000 ó mellor documental por Chunda Chunda. Premio á Mellor Dirección no Festival de Cine de Taormina (Sicilia), 2010, por 18 comidas. Premio do Público no Festival de Cinema Internacional de Ourense, 2010, a 18 comidas. Premio Especial do Xurado no Festival de Cinema Internacional de Ourense, 2010, a 18 comidas. Foille adicado un Hectómetro literario en conxunto cos seus irmáns Pepe e Carlos no Paseo dos Soños vilalbés en 2023.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en IMDb Consello da Cultura Galega
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Directores de televisión Categoría:Nados en Rábade Categoría:Nados en 1971 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor dirección