miniatura|260px|esquerda
O Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial de 2007 é a 18ª edición dos mundiais deste deporte, e celebrouse en Fort William (Escocia) entre o 3 e o 9 de setembro de 2007.
Localización miniatura|200px|dereita|Instalacións da estación de esquí, aproveitadas para a proba de descenso As instalacións das probas atópanse a uns 10 km do centro da cidade de Fort William, no oeste de Escocia, saíndo en dirección noroeste cara a Inverness. O contorno é localización da estación de esquí de Nevis Range. As pistas de descenso e four cross estaban situadas nas abas do Ben Nevis, o monte máis elevado de toda a illa, mentres que o circuíto de cross se desenvolvía ao seu pé.
Nestas instalacións dispútanse todos os anos probas da Copa do Mundo de ciclismo de montaña, e son un lugar permanente de adestramento para ciclistas de montaña.
Probas Disputáronse probas nestas especialidades: Cross: masculino e feminino, en tres categorías: absoluto, sub23 e júnior. A categoría júnior correu sobre unha distancia de 25,6 km, a feminina absoluta e sub23 sobre 34,2 km, a masculina sub23 sobre 42,8 km, e a absoluta masculina sobre 51,4 km. Descenso: masculino e feminino, en dúas categorías: absoluto e júnior. Four-cross: masculino e feminino Remudas: mixto Trial: masculino, con rodas de 20 e 26 polgadas, e mais feminino. O masculino en categorías absoluta e júnior. Ademais, houbo unha competición por equipos.
É a primeira vez que se competía en remudas, e tamén a primeira vez que o trial se facía en categoría feminina e por equipos.
Presenza galega Logo da rotura de clavícula da ciclista Eva Castro ao comezo da tempada, o que impediu a súa presenza no campionato, o único galego en Fort William foi José Antonio Hermida, medallista olímpico. Compite na proba de cross, en categoría absoluta, e quedou en décima posición.
Resultados Proba Cross mulleresIrina Calentieva • 1:44'08" Sabine Spitz • 1:44'47" Wang JingJing • 1:45'50" Cross homesJulien Absalon • 2:17'06" Ralph Naef • 2:17'32" Florian Vogel • 2:18'00" Cross mulleres (sub23)Liu Ying • 1:45'43" Chengyuan Ren • 1:49'15" Elisabet Osl • 1:51'03" Cross homes (sub23)Jakob Fulgsang • 1:54'04" Nino Schurter • 1:55'48" Yaroslav Kulhavy • 1:57'25" Cross mulleres (júnior)Alla Boico • 1:25'14" Jitka Skarnitzlova • 1:25'43" Julie Bresset • 1:26'50" Cross homes (júnior)Thomas Litscher • 1:37'06" Piotr Brzozka • 1:37'33" David Fletcher • 1:37'47" Descenso mulleresSabrina Jonnier • 5'28"35 Rachel Atherton • 5'32"36 Tracey Hannah • 5'39"89 Descenso homesSam Hill • 4'52"01 Fabien Barel • 4'52"65 Gee Atherton • 4'56"38 Descenso mulleres (sub23)Floriane Pugin • 5'50"18 Katy Curd • 6'17"30 Myriam Nicole • 6'41"48 Descenso homes (sub23)Ruarifh Cunningham • 5'06"82 John Swanguen • 5'08"89 Matthew Scoles • 5'09"07 Four-cross mulleresJill Kintner Anneke Beerten Melissa Buhl Four-cross homesBrian Lopes Romain Saladini Jurg Meijer Remudas • 1:33'36" • 1:34'25" • 1:34'45" Trial mulleresKarin Moor • 7 pt Gemma Abant Condal • 10 pt Mireia Abant Condal • 11 pt Trial homes absoluto (rodas de 26 p.)Vincent Hermance • 9 pt Gilles Coustellier • 10 pt Kenny Belaey • 12 pt Trial homes absoluto (rodas de 20 p.)Benito Ros Charral • 6 pt Carles Díaz Codina • 7 pt Daniel Comas Riera • 10 pt Trial homes sub23 (rodas de 26 p.)Aurélien Fontenoy • 6 pt Loris Braun • 17 pt Hannes Herrmann • 19 pt Trial homes sub23 (rodas de 20 p.)Aurélien Fontenoy • 10 pt Eduard Planas Núñez • 18 pt Kevin Aglae • 22 pt Trial por equipos España • 387 pt Francia • 375 pt Alemaña • 337 pt
Medalleiro Posto País Total 1 6 4 212 2 3 3 17 3 3 3 27 4 2 1 25 5 1 1 13 6 1 12 7 1 1 1 1 9 3 25 10 2 13 2 2 12 1 12 13 11 11 11 11
Categoría:Campionatos do mundo de ciclismo de montaña Categoría:Ciclismo en Escocia Categoría:Ciclismo en 2007 Categoría:Competicións deportivas no Reino Unido