Airbag é unha película española do ano 1997 dirixida por Juanma Bajo Ulloa. Entre os seus protagonistas está o actor galego Manuel Manquiña, que recibiu varios recoñecementos polo seu traballo neste filme, entre eles o Premio Goya ó mellor actor revelación.
Sinopse O punto de partida é o dunha despedida de solteiros, unha borracheira estúpida, unha visita a un club de alterne, un ferrete atravesado, un anel que se esquece nun escuro lugar e a necesidade de recuperalo. Todo isto pon en marcha un desfile de mafiosos e narcotraficantes, de chulos e pistoleiros, de tramas internacionais e duns "nenos ben" que vivirán a aventura das súas vidas.
Comentarios É "unha película golfa, vándala e un pouco lercho", e ten razón. Xurdida da imaxinación de Karra Elejalde e Fernando Guillén Cuervo, filla do delirio e o exceso, definida como unha fábula moral chea de inmoralidades, "Airbag" leva consigo o xerme da controversia e da provocación. Basicamente estruturada como unha road movie, a súa historia crece como unha espiral de tolemia e sorpresas.
Palmarés cinematográfico 2 Goya na 12ª edición á mellor montaxe e efectos especiais; nomeamento ó mellor actor revelación (Manuel Manquiña). Nomeada ós Premios 1997 do Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC) á mellor montaxe e Gimeno-Revelación (Manuel Manquiña). Nomeamento ó Premio da Unión de Actores ó mellor actor revelación (Manuel Manquiña)
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes ambientados no País Vasco