O grupo Kotu, ou tamén grupo Lulunga, é un grupo de illas ao suroeste do grupo Ha'apai, entre o grupo Nomuka e o Lifuka, no reino de Tonga.
Son illas baixas e pequenas, de menos de 2 km², e tan só seis delas están habitadas. Administrativamente forman o distrito de Lulunga na división de Ha'apai. Aínda que o grupo recibe o nome da illa Kotu, a máis grande e poboada é Ha'afeva.
Fonuaika () é a máis meridional do grupo, situada a 14 km ao norte de Nomuka. Tokulu é un banco de area de 1´5 m de altitude, situado a 8 km ao oeste de Fonuaika. 'O'ua () está a 7 km ao norte de Fonuaika. Ten unha poboación de 178 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 0´98 km². Nukulai está separada dos arrecifes de 'O'ua por unha canle de 600 m de ancho. Lekeleka () está a 6 km ao leste de 'O'ua. Tungua (} se atopa a 6 km ao oeste de 'O'ua. Ten unha poboación de 282 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 1´53 km². Kito é unha illa pequena e boscosa situada a 2 km ao noroeste de Tungua. Foua () é unha illa pequena e rochosa de 9 m de altitude situada a 1´5 km ao nordés de Tungua. Kotu () é a illa máis occidental do grupo, a 6 km ao oeste de Tungua. A costa meridional é escarpada e ten 15 metros de alto, e a costa setentrional é baixa e areosa. Ten 222 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 0´34 m². Putuputua, a máis setentrional do grupo, é un banco de area de 3´7 m de altitude situado a 5 km ao nordés de Kotu. Ha'afeva () é a illa principal do grupo, situada a 7 km ao leste de Kotu. Ten unha poboación de 313 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 1´81 km². Matuku () é unha illa de 0´34 km² e unha població de 149 habitantes (censo de 1996) situada entre Ha'afeva e Kotu. Limu () é unha pqueña illa boscosa a 14 km ao leste de Lekaleka. Uanukuhihifu (). Tofonga ().
Categoría:Arquipélagos Categoría:Illas de Tonga