Isidro Nozal Vega, nado en Barakaldo (Biscaia) o 18 de outubro de 1977, é un ciclista vasco.

Traxectoria Acadou a fama na tempada 2003 ó estar a piques de gañar a Vuelta Ciclista a España. Malia acudir como gregario á volta, conseguiu facerse coa maillot de líder, que só perdería tras finalizar a penúltima etapa, unha cronoescalada a Abantos, na que Roberto Heras lle arrebatou o liderado.

É un especialista da contra o reloxo cunha forza extraordinaria, pero sofre na alta montaña, polo que ten complicado facer un bo papel nalgunha das tres grandes voltas.

Actualmente está sancionado pola UCI por dar positivo nun control anti-dopaxe na Volta a Portugal do 2009.

Palmarés 2001: 3ª etapa e 10º na xeral do Giro de Italia 2002: 3ª etapa da Clásica de Alcobendas 2003. 6ª e 13ª etapas da Vuelta a España; 2º na clasificación xeral da Vuelta a España

Categoría:Ciclistas de España Categoría:Nados en Barakaldo Categoría:Nados en 1977