A Canle de Mozambique é unha porción do océano Índico entre a illa de Madagascar e o sueste de África, isto é, Mozambique. Foi un punto de choque durante a segunda guerra mundial. A canle ten un ancho de aproximadamente 460 quilómetros nos seus punto máis angosto entre Angoche (Mozambique) e Tambohorano (Madagascar).
A canle alcanza unha profundidade de 3,292 metros ao redor dos 230 quilómetros ao interior desde a liña litoral de Mozambique. Unha corrente cálida flúe ao longo da canle en dirección sur para logo internarse na Corrente Agulhas, fóra da costa occidental de Suráfrica.
Illas na canle Comoros Gran Comora Mohéli Anjouan
Francia Mayotte Illas Gloriosas Illa Juan de Nova Illa Europa Bassas da India
Categoría:Xeografía de África Categoría:Mares do Océano Índico