miniatura|Esqueleto. A garduña, fuíña, furatoxos, martaraña, martuxa, martuxo rabisaco ou gatela (Martes foina) é un mamífero depredador nocturno de tamaño mediano da familia Mustelidae. En estado adulto, a garduña mide entre 40 e 50 cm de lonxitude sen contar coa cola, que mide entre 21 e 27 centímetros, e o seu peso oscila entre 1 e 2 kg. Moi semellante á marta, non en balde teñen antepasados comúns; distínguese desta polo seu babeiro de cor branca que se abre en pinza cara ás extremidades dianteiras. Ten un excelente oído e moi boa vista e olfacto.

(Vexa embaixo a área de distribución da Garduña en Galicia)

Hábitat É estritamente nocturna e pódese ver por toda a Península Ibérica por fragas, toxeiras, pedregais ou zonas rurais e suburbanas. Vive en zonas moi asolladas, normalmente prados, zonas montañosas e rochosas con pouca vexetación. Adaptouse a lugares onde vive o home e caza en granxas, pero tamén se pode atopar en fragas e bosques de aciñeiras.

Comportamento e alimentación Aliméntase de pequenos roedores, pequenos mamíferos, paxaros, anfibios, ovos, insectos, froita e mel. É un animal solitario. Desprázase rapidamente a saltos polo seu amplo territorio de caza que pode ser de 2 a 10 km e non dubida en defendelo doutros machos adultos. Adoita dispoñer de varios tobos entre penedos e caracochas de árbores vellas que ocupa indistintamente. Moi a miúdo vive soa na súa toqueira (un oco entre rochas, nunha árbore ou o ocupado anteriormente por outro animal), marca o seu territorio que, normalmente, é de 80 hectáreas. É basicamente nocturna e silenciosa.

Reprodución As garduñas alcanzan a madureza sexual entre os 18 meses e os 3 anos. A garduña ten dúas épocas de reprodución ao ano, a primeira durante o mes de febreiro e a outra entre xuño e agosto. Ao seren de costumes solitarios, machos e femias unicamente se xuntan para aparearse. Os machos pelexan e berran, percorren longas distancias ata atoparen unha femia. Este período de saída dura uns 15 días. A femia reterá os espermatozoides vivos do macho no seu interior ata máis ou menos o mes de xaneiro debido á implantación diferida. A xestación dura uns 56 días. Cría a partir do mes de marzo en tobos ou debaixo das cavidades dos bloques de pedras. Pode ter de 3 a 7 crías. Aliméntanas grazas aos seus catro glándulas mamarias.

Subespecies Recoñécense as seguintes: subespecies:"Mammal Species of the World": WILSON, Don E.; REEDER, Dee Ann M. (eds.): "Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference". 3ª ed. Johns Hopkins University Press. Baltimore. 2005. ISBN 978-0-8018-8221-0. Martes foina foina Martes foina bosniaca Martes foina bunites Martes foina kozlovi Martes foina intermedia Martes foina mediterranea Martes foina milleri Martes foina nehringi Martes foina rosanowi Martes foina syriaca Martes foina toufoeus

Notas

Ligazóns externas Ficha do Atlas de Mamíferos, Ministerio de Medio Ambiente (castelán) A garduña (castelán)

Categoría:Mustélidos