O pobo da noite é unha antoloxía poética, publicada por Manuel Rivas no ano 1996 coa Editorial Xerais, conxuntamente cun CD onde o autor recita 12 dos poemas que contén dita obra.
Características Consiste nunha selección realizada polo propio Rivas da poesía publicada por el entre os anos 1980 e 1995, acompañada pola música de César Morán. Concretamente, os poemas que podemos atopar nesta obra pertencen ás seguintes obras:
Libro do Entroido (1980). O poema "Pra escarnho e mal dizer" foi Premio de Poesía Nova do Facho. Balada nas Praias do Oeste (1985) Mohicania (1986) Ningún cisne (1989). Premio Leliadoura. Costa da Morte Blues (1995)
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da obra na Biblioteca Virtual Galega
Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 1996 Categoría:Manuel Rivas