John Towner Williams, nado en Queens, Long Island, Nova York o 8 de febreiro de 1932, é un compositor estadounidense premiado varias veces polas súas bandas sonoras.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Fillo de Johny Williams, un músico de orquestra que traballou como percusionista en programas de radio e bandas sonoras, especialmente para a CBS e Columbia Pictures. Outros membros da súa familia dedicáronse á música, como a súa irmá, que foi profesora de piano. Durante a infancia, escoitaba ao seu pai pola radio, e este animouno a aprender piano, aínda que durante dous anos estivo especialmente interesado no trombón, estudos que deixou para retomar os de piano.
Formouse na Universidade de California, Os Ánxeles e na Julliard School.
Carreira musical
Bandas sonoras Amigo de Steven Spielberg, asina case todas as bandas dos seus filmes, tales como Parque Xurásico, Tiburón, A lista de Schindler, Encontros na terceira fase, Munich etc.Williams compuso a BSO de todos os filmes de Spielberg, agás Duel e A cor púrpura. Tamén é socio do cineasta George Lucas, sendo o autor das famosas bandas sonoras das series cinematográficas de éxito Star Wars e Indiana Jones.
Outras bandas famosas de autoría de Williams son a da saga Harry Potter, a de Home Alone e a do filme de Superman protagonizado por Christopher Reeve.
Ademais dos seus traballos en música de filmes, fixo bandas sonoras para series de televisión como Lost in Space, Land of the Giants ou o tema calipso para Gilligan's Island.
É considerado un dos maiores compositores da actualidade. Nomeado nada menos que 58 veces ao Oscar, foi vitorioso cinco veces.
Outros traballos Williams é coñecido tamén polas súas obras eruditas e concertos, como: o concerto para fagot e orquestra, o concerto para violoncello e orquestra, o concerto para trompeta e orquestra, o concerto para violín, frauta e orquestra e o concerto para trompa e orquestra.
Compuxo a música para a "rededicación da estatua da Liberdade" e para a toma de posesión de Barack Obama, interpretada por Itzhak Perlman e Yo-Yo Ma, Anthony McGill e Gabriela Montero e compuxo a música de catro Xogos Olímpicos.
Dirixiu diversas orquestras, como a banda de música das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América , Orquestra Sinfónica de Boston, a Filharmónica de Nova York, a Orquestra Sinfónica de Chicago e a Filharmónica dos Ánxeles, á que dirixe anualmente para os concertos no Hollywood Bowl.
Influencias Williams citou a Chaikovskii, Bernard Herrmann, Sergei Prokofev, Franz Waxman, Mantovani, Elmer Bernstein, Richard Wagner, Gustav Holst, Igor Stravinsky, Erich Wolfgang Korngold, Henry Mancini e Alfred Newman como influencias para o seu traballo.
Premios e honras Williams recibu 53 candidaturas ao oscar á mellor banda sonora (o que gañou en 5 oportunidades, con O violinista no tellado, Jaws, E.T. the Extra-Terrestrial, O retorno do Jedi, A lista de Schindler) e 5 nomeamentos ao oscar á mellor canción orixinal. Williams ostenta o maior número de nomeamentos aos Academy Awards despois de Walt Disney.Official Academy Awards Database en www.oscars.org (consultado o 29 de setembro de 2007)
Williams tamén gañou 4 Golden Globe Awards, 7 British Academy Film Awards e 21 Grammy.
Williams foi honrado co Richard Kirk anual en 1999 nos BMI Film and TV Awards, o Kennedy Center Honors en 2004 e recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes en 2020, compartido con Ennio Morricone. En 2022 foi nomeado cabaleiro comendador honorario da Orde do Imperio Británico.
Vida persoal Williams estivo casado coa actriz Barbara Ruick en 1956 até o seu pasamento por hemorraxia cerebral en 1974. Tiveron tres fillos: Jennifer, Mark e o músico Joseph Williams. En 1980, casou con Samantha Winslow e viven nos Ánxeles.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Banda sonora orixinal
Ligazóns externas The official site
Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Bandas sonoras Categoría:Directores de banda Categoría:Directores de orquestra dos Estados Unidos de América