Florencio Vaamonde Lores, nado en Ouces (Bergondo) o 2 de abril de 1860 e finado na Coruña o 19 de outubro de 1925, foi un historiador e escritor galego. O seu irmán César foi un destacado historiador.

Traxectoria Nado en Bergondo no seo dunha familia fidalga que en 1878 se trasladou á Coruña. Alí pasou a súa vida traballando como funcionario de Facenda. Florencio Vaamonde foi un escritor do Rexurdimento, preocupado pola lingua galega e polo esplendor da súa literatura. Foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega (1906) e colaborou na Revista Gallega de Galo Salinas. Vaamonde Lores quixo introducir novas correntes e tendencias na nosa literatura. Quizais guiado pola súa condición de historiador, creou o primeiro poema épico escrito no noso idioma, Os Calaicoss (1894), que canta as fazañas de María Pita (mito que sería modificado en épocas posteriores por motivos ideolóxicos). Da lectura das súas obras despréndese a vontade de crear unha lingua culta.

Alén disto, abrazou a ideoloxía rexionalista e acudiu aos faladoiros da Cova Céltica, que se celebraban na libraría que Uxío Carré Aldao tiña na Coruña. miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita, Uxío Carré Aldao, Florencio Vaamonde Lores, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González. Sentados, José Ogea, Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez e Andrés Martínez Salazar, na Coruña, en outubro de 1904. Tamén fixo unha labor de tradución dos clásicos greco-latinos ao galego, como Odas de Anacreonte (1897). Usou os pseudónimos "Xan de Ouces", "Fulvio Vergodense", "Pedro de Aldarete" e "Jan Silvóso de Bouzós".

Obra

Poesía Os calaicos, 1894. Mágoas, 1901. Follas ao vento, 1919.

Prosa Bestas bravas, 1923. Anxélica, 1925, Lar.

Ensaio Historia de Betanzos, 1886. Resume da Historia de Galicia, 1899. Historia de la Agricultura en Galicia, 1910.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

César Vaamonde Lores Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do latín Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1925 Categoría:Irmandades da Fala