Emma Couceiro López, nada en Cospeito en 1977, é unha poeta en lingua galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, ten publicado varios libros e colaborado como poeta en revistas como A Xanela, Dorna, Xistral ou Zurgai, así como en varios volumes colectivos.

Viviu en Laracha, Arteixo, Mondoi, Oza dos Ríos (de onde procede toda a súa familia materna e parte da paterna) e A Coruña.

A súa poética caracterízase por unha continua indagación no eu lírico, moitas veces artellada desde a técnica do desdobramento (As entrañas horas), polo uso de símbolos e repeticións (Humidosas), o emprego dunha sintaxe rota e a ambientación íntima que remite moitas veces ao territorio do fogar (marcado en feminino) e ao marco da infancia.

Obra Poesía Humidosas. A Coruña: Espiral Maior, 1997. As entrañas horas. Sada: Ediciós do Castro, 1998. (Cito). Vigo: Xerais, 2003. Pobreza de espírito. A Coruña: Chan da Pólvora, 2024.

Obras colectivas Mulher a fazer vento, Edições Tema, 1997. Palabras no ar. Novas voces da poesía galega. Recital. Río de son e vento, Xerais, 1999. Novas voces da poesía galega: recital, Consello da Cultura Galega, 2000. dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, Letras de Cal, 1999. Manuel María, Ophiusa, 2001. Mujeres de carne y verso, Madrid, 2001. Edición bilingüe galego-castelán. A tribo das baleas, Xerais, 2001. 25 anos de poesía galega III, A Coruña, 2002. Alma de beiramar, Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003. Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, Consello da Cultura Galega, 2003. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, Espiral Maior, 2003. Das sonorosas cordas, Eneida, 2005. Cartafol poético para Alexandre Bóveda, Espiral Maior, 2006. O desafío das ondas, Autoridade Portuaria da Coruña, 2006. Poética da casa, Xunta de Galicia, 2006. Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006.

Premios V Premio Espiral Maior de Poesía no 1996, por Humidosas. X Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1998, por As entrañas horas.

Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Cospeito Categoría:Nados en 1977 Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña