A Grecia é unha economía capitalista que ten o sector público como responsábel por 40% do PIB. O valor do seu PIB per cápita é 75% do valor daquel das principais economías da Unión Europea. O país recibe moita axuda da UE, equivalente a uns 3,3% do PIB por ano.
O turismo responde por uns 15% do PIB. Os inmigrantes representan 1/5 da forza de traballo do país, principalmente na agricultura e nos traballos que non necesitan man de obra cualificada.
A economía do país creceu uns 4% ó ano entre 2000 e 2004, en parte debido ós gastos con infraestrutura para os Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas, e tamén ó aumento do crédito ó consumidor. Entre 2001 e 2005 o país violou o Pacto de Estabilidade e Crecemento da UE, presentando un déficit público superior a 3% do PIB nese período. A inflación, a débeda pública e o desemprego son superiores á media dos outros países da Zona do Euro, pero ten caído nos últimos anos.
O goberno grego ten loitado para reducir o gasto público e o tamaño do sector público e tamén para reformar o sistema de xubilacións e pensións, o que ten xerado protestos de sindicatos e da opinión pública.
A partir de 2009, a Grecia afrontou a unha importante crise económica e das finanzas públicas. A taxa de desemprego, que en 2007 era do 8,0%, pasou a 9,5% en 2009 e 12,5% o 2010, segundo a Comisión Europea debe aumentar para 13,2% en 2011. O déficit orzamentario, en 2009, chegou a 13,6% do PIB. O PIB da Grecia, á súa vez, caeu cerca 4,5% en 2010. A débeda pública, que era 125,7% do PIB o 2009, atinxiu 142,8% do PIB o 2010. A inflación atinxiu 4,7% o 2010 e estimase uns 2,2% o 2011.5 de maio de 2010 PIB da Grécia deve cair 3% em 2010, diz UE , por Marcílio Souza.
Sector primario miniatura|left|200px|Rabaño ovino en pastos na Tracia. Principais produtos: trigo, millo, cebada, azucre de remolacha, oliva, viño, tabaco, batata, carne, tomate e banana; lácteos; pan, ovos e leite.
Sector secundario As principais industrias da Grecia están ligadas aos sectores de: téxtiles, produtos metálicos, petróleo, gas natural.
Sector terciario O turismo é a actividade máis importante do sector, sendo responsábel por 15% do PIB.
Notas