O 3 de agosto é o 215º día do ano do calendario gregoriano e o 216º nos anos bisestos. Quedan 150 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1393 - Fernán Pérez de Andrade, O Boo funda o mosteiro de Santa Catarina de Montefaro. 1492 - Cristovo Colón parte do porto de Palos de la Frontera na súa primeira viaxe rumbo ás Indias, na cal descobre, sen o saber, América. 1778 - Inaugúrase o Teatro alla Scala de Milán, coa ópera Europa Riconosciuta, de Antonio Salieri. 1914 - Primeira guerra mundial: a Alemaña declara guerra á Francia. 1994 - Lanzamento do satélite artificial APEX.

Nacementos miniatura|100px|James Wyatt. miniatura|100px|Tom Brady. 1746 - James Wyatt, arquitecto inglés (m. 1813). miniatura|100px|Frederico Guillerme III de Prusia. 1770: Frederico Guillerme III, rei prusiano (m. 1840). 1784 - Claudio González Zúñiga, médico, historiador e político galego (m. 1857). 1867 - Stanley Baldwin, primeiro-ministro británico (m. 1947). 1900 - Manuel Blanco Pascual, fotógrafo e político galego (m. 1940). 1905 - Dolores del Río, actriz mexicana (m. 1993). 1905 - Maggie Kuhn, activista política estadounidense (m. 1995).

1907 - Ernesto Geisel, presidente do Brasil de 1974 ata 1979 (m. 1996). 1909 - José María de Areilza, político e diplomático español (m. 1998). 1940 - Martin Sheen, actor de cinema de orixe galega. 1944 - Javier López Facal, lingüista galego. 1948 - Jean-Pierre Raffarin, primeiro ministro de Francia. 1959 - Koichi Tanaka, científico xaponés, Premio Nobel de Química. 1967 - José Manuel Baltar Blanco, político galego. 1977 - Tom Brady, xugador de Liga Nacional de Fútbol Americano Estauxunidense.

Mortes miniatura|100px|Joseph Conrad. 1667 - Francesco Borromini, arquitecto barroco italiano (n. 1599). 1780 - Étienne Bonnot de Condillac, filósofo e economista francés (n. 1714). 1857 - Eugène Sue, escritor francés (n. 1804). 1917 - Ferdinand Georg Frobenius, matemático alemán (n. 1849). 1924 - Joseph Conrad, escritor británico de orixe polaca. 1928 - Antonio Rodríguez del Busto, escritor e xornalista galego (n. 1848). 1929 - Emile Berliner, inventor xermano-estadounidense (n. 1851). 1953 - Felipe Gil Casares, avogado e político galego (n. 1877). 1964 - Flannery O'Connor, escritora estadounidense (n. 1925). 1968 - Raimundo Aguiar, avogado e político galego (n. 1918). 1986 - Beryl Markham, aviadora e aventureira británica (n. 1902). 2004 - Henri Cartier-Bresson, fotógrafo francés (n. 1908).

Festas e celebracións En Nixer é o Día da Independencia

Outros

Os 366 días do ano

03