Xabier Zubiri Apalategui, nado en Donostia o 4 de decembro de 1898 e finado en Madrid o 21 de setembro de 1983, foi un filósofo vasco e un dos máis importantes de España no século XX, cunha obra extraordinariamente creativa e consistente.

Traxectoria Fixo os estudos secundarios na súa cidade natal até 1915. Trasladouse a Madrid para ingresar no Seminario Conciliar, onde foi alumno de Juan Zaragüeta. Comezou estudos na Universidade Central na Facultade de Filosofía e Letras, con profesores como José Ortega y Gasset ou Javier García Morente.

Lovaina e Roma Entre 1920 e 1921 Zubiri trasladouse a Lovaina para ampliar os seus estudos filosóficos. Mentres, nun ínterim, en novembro de 1920, presentou na Universidade Pontificia de Roma a súa tese de doutoramento en teoloxía. En Lovaina trabou os primeiros contactos coa fenomenoloxía. De feito, Zubiri presentou a súa memoria de licenciatura en Lovaina sobre ese campo (Le problème de le objectivité d'après Edmund Husserl. I: La logique pure / O problema da obxectividade segundo Edmund Husserl, I: A lóxica pura). Antes de acabar o curso de 1921, en maio Zubiri leu a súa tese doutoral, Ensayo de una teoría fenomenológica del juicio, na Universidade Central madrileña, dirixida por Ortega. Ese mesmo ano foi ordenado sacerdote.

Profesor, viaxe a Alemaña e matrimonio En 1926 obtivo a cátedra de Historia da Filosofía na Universidade Central, vacante tralo pasamento de Adolfo Bonilla San Martín. En 1929 seguiu cursos en Friburgo (Alemaña) co seu admirado Edmund Husserl e con Martin Heidegger. Pasou por Berlín antes de reincorporarse á súa cátedra madrileña en 1931. En 1935 obtivo a secularización e casou o ano seguinte con Carmen Castro, filla do profesor e ensaísta Américo Castro. O matrimonio pasou os anos da Guerra Civil española en París.

Dificultades durante o franquismo Ao regresar a España acabada a guerra, Zubiri non puido retomar o traballo na súa cátedra madrileña, por oposición das autoridades eclesiásticas. Trasladouse daquela a Barcelona e impartirá clases na universidade entre 1940 e 1942.

Ante as dificultades impostas polas autoridades franquistas, Zubiri decide pedir a excedencia. De regreso a Madrid impartirá cursos privados, e verá financiada pola banca Urquijo unha empresa de publicacións. Dese xeito, e a través de cursos e conferencias no estranxeiro, puido sosterse economicamente, en tanto ía madurando e publicando a súa obra. Parte dela foi publicada postumamente.

thumb|180px|Tumba de Xabier Zubiri e a súa muller no Cemiterio Civil de Madrid

A filosofía de Zubiri Talvez o principal achado de Zubiri é a creación dun sistema metafísico que enraíza na súa visión do ser humano como unha "intelixencia sentinte" situada na realidade. Neste sistema, o ser humano é "relegado" polo "poder do real", de xeito que a súa realidade persoal está intimamente conectada con entes situados nun contexto real. Ao tempo, o ser humano pode ser considerado o autor do seu propio ser persoal (o seu "Eu"), a través da apropiación pola experiencia e polo exercicio da liberdade persoal dentro dun contexto real, de modo que Zubiri pode referirse ao ser humano como "animal de realidades". A apertura do ser humano ante as posibilidades é o que fai do ser humano unha "esencia aberta", concepto que se opón a "esencia pechada" (é dicir, unha estrutura que simplemente obra segundo regras de funcionalidade).

Obra (Selección) Ensayo de una teoría fenomenológica del juicio (1923) Hegel y el problema metafísico, in rev. Cruz y Raya (1933) La idea de Naturaleza: la nueva física, in rev. Cruz y Raya (1934) El saber filosófico y su historia, in rev. Cruz y Raya (1935) Ciencia y realidad, in rev. Escorial (1941) Naturaleza, Historia, Dios (1944) Sobre la esencia" (1962) Cinco lecciones de filosofía (1963) El hombre, realidad personal El origen del hombre Notas sobre la inteligencia humana [1966–67] La dimensión historica del ser humano El hombre y su cuerpo El problema teologal del hombre El concepto descriptivo del tiempo Respectividad de lo real Inteligencia y Realidad (1980) Inteligencia y Logos (1982) Inteligencia y Razón (1983)

As seguintes son obras publicadas postumamente:

El hombre y Dios (1984) Sobre el hombre (1986) Estructura dinámica de la realidad (1989) Sobre el sentimiento y la volición (1992) El problema filosófico de la historia de las religiones (1993) El problema teologal del hombre: Cristianismo (1997) Los problemas fundamentales de la metafísica occidental (1994) Primeros escritos (1921-1926) (2000) Espacio. Tiempo. Materia (1996) El hombre y la verdad (1999) Sobre la realidad (2001) Sobre el problema de la filosofía y otros escritos (1932-1944) (2002) El hombre: lo real y lo irreal (2005).

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Filósofos do País Vasco Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lovaina