Jane Addams, nada en 1860 en Cedarville (Illinois) e finada en Chicago en 1935, foi unha traballadora social e reformadora norteamericana.

Traxectoria Foi educada entre os Estados Unidos e Europa, en 1899 funda con Ellen Gates Starr a coñecida como Hull House en Chicago,, o primeiro centro de axuda social nos Estados Unidos influído polo Toynbee Hall do East End de Londres (fundado en 1884 por Samuel Barnett).

Socia da Liga Antiimperialista de América e fundadora da Unión das Liberdades Civís de América. En 1911 foi elixida presidenta da National Foundation of Settlements and Neighborhodd Centers, entre 1915 e 1934 foi presidenta da Liga Internacional das Mulleres pola Paz e a Liberdade.

Foi a primeira muller estadounidense en ser galardoada co Premio Nobel da Paz, e é recoñecida como a fundadora da profesión do Traballo Social en Estados Unidos. Foi unha pragmatista radical e a primeira muller "filósofa pública" dos Estados Unidos. Cando Addams morreu en 1935 era a figura pública feminina máis coñecida en Estados Unidos.

Premios En 1931 recibiu o Premio Nobel da Paz.

Notas

Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Nados no condado de Stephenson, Illinois Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Wisconsin-Madison Categoría:Activistas contra a pobreza