O 8 de febreiro é o 39º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 326 días para finalizar o ano, 327 nos anos bisestos.

miniatura|Incendio do Teatro Rosalía de Castro de Vigo. Acontecementos 1575: en Leiden fúndase a Universidade de Leiden baixo o nomeamento de "Praesidium Libertatis". 1910 - Arde o teatro Rosalía de Castro de Vigo no predio, onde se sitúan agora o Centro Cultural Caixanova e o Teatro García Barbón."Gran incendio en Vigo" (9/2/1910). El Norte de Galicia . 1937 - Son fusilados no cemiterio de Boisaca once republicanos de Ordes: Ángel Caamaño Villaverde, José e Manuel del Río Pampín, José García Fernández, José Iglesias Vilariño, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste. 1950 - Fúndase a Stasi, abreviatura de Ministerium für Staatssicherheit, servizo de intelixencia da República Democrática de Alemaña 1962 - En París a policia asasina 9 sindicalistas nas protestas contra o colaborador nazi Maurice Papon 1963 - O presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy prohibe que ningún país teña relacións comerciais con Cuba. 2000 - En Belgrado (Iugoslavia) morre asasinado a tiros o ministro de defensa Pavle Bulatovic

Nacementos miniatura|100px|Jules Verne. miniatura|100px|Marina Silva 410 - Proclo, filósofo grego. 1291 - Afonso IV, rei de Portugal (m. 1357). 1404 - Constantino XI, emperador bizantino (m. 1453). 1700 - Daniel Bernoulli, matemático suízo. 1720 - Emperador Sakuramachi do Xapón. 1799 - John Lindley, paleontólogo, naturalista, e botánico británico (m. 1865). 1819 - John Ruskin, escritor, crítico de arte e reformista inglés (m. 1900). 1820 - William Tecumseh Sherman, militar, educador e escritor estadounidense (m. 1891). 1828 - Jules Verne, novelista francés (m. 1905). 1828 - Antonio Cánovas del Castillo, político español (m. 1897). 1834 - Dmitri Mendeleiev, químico ruso (m. 1907). 1846 - Andrés Martínez Salazar, editor do Rexurdimento galego (m. 1923). 1850 - Kate Chopin, escritora estadounidense.(m. 1904) 1876 - Paula Modersohn-Becker, pintora alemá (m. 1907) 1883 - Joseph Alois Schumpeter, economista austríaco-estadounidense (m. 1950). 1887 - José Rego López, sindicalista e político galego (m. 1976). 1890 - Anita Delgado, cantaora e bailaora andaluza (m. 1962). 1894 - King Vidor, director de cine estadounidense (m. 1982). 1918 - Enrique Tierno Galván, político español (m. 1986). 1918 - Emilio Merino Losada, xornalista e escritor galego (m. 2004). 1921 - Lana Turner, actriz estadounidense (m. 1995). 1925 - Jack Lemmon, actor estadounidense (m. 2001). 1931 - James Dean, actor estadounidense (m. 1955). 1944 - Sebastião Salgado, fotógrafo brasileiro. 1958 - Marina Silva, ambientalista e política brasileira. 1959 - Mauricio Macri, político arxentino. 1960 - Román Raña, escritor e crítico literario galego. 1966 - Hristo Stoichkov, futbolista búlgaro.

Mortes miniatura|100px|Piotr Kropotkin. 1204 - Aleixo IV Anxo, emperador bizantino (n. c. 1182) 1265 - Hulagu Khan, gobernador mongol (n. 1217). 1587 - María Estuardo, raíña de Escocia (n. 1542). 1587 - Pedro o Grande, Tsar de Rusia (n. 1672). 1888 - José López de la Vega, médico e escritor galego (n. 1830). 1911 - Joaquín Costa, político español (n. 1846). 1917 - Pedro Pais Lapido, xurista e político galego (n. 1841). 1918 - Louis Renault, xurista francés, Premio Nobel da Paz en 1907 (n. 1843). 1921 - Piotr Kropotkin, xeógrafo e pensador ruso, teórico do anarquismo (n. 1842). 1926 - William Bateson, biólogo e xenetista inglés (n. 1861).

1932 - Eugenia Osterberger, compositora galega do romanticismo (n.1852). 1957 - Walther Bothe, físico alemán (n. 1891). 1960 - John L. Austin, filósofo británico. 1964 - Ernst Kretschmer, médico psiquiatra e neurólogo alemán (n. 1888). 1974 - Fritz Zwicky, astrónomo e físico de orixe búlgara (n. 1898). 1975 - Robert Robinson, químico inglés, Premio Nobel de Química en 1947 (n. 1886). 1984 - Philippe Ariès, historiador francés (n. 1914). 1998 - Halldór Kiljan Laxness, escritor islandés, Premio Nobel de Literatura en 1955. 1999 - Iris Murdoch, escritora irlandesa. 2011 - Juan Luis Dalda, urbanista galego. (n. 1944).

Festas e celebracións

Outros Santoral: Santa Elisenda.

Os 366 días do ano

08