Santa Adela, relixiosa merovinxia, naceu a fins do século VII e morreu entre o 735 e o 740. Traxectoria Filla de Dagoberto II de Austrasia, cando morreu o seu home, Alberico, entrou na vida monástica, fundou o mosteiro de Pfalzel, preto de Tréveris, actual Alemaña.

Foi a avoa de Gregorio de Utrecht, un dos evanxelizadores de Alemaña, e a Igrexa católica celebra a súa festa o 24 de decembro.

Categoría:Santos Categoría:Santos do catolicismo