Adelaida é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán, co catalán, co checo, co húngaro, co romanés e co ruso. Procede do antigo alemán adal e held que significa de condición nobre. En galego tamén ten as variantes Adelaira e Delaira. Adela tamén ten a mesma raíz xermánica athala- ‘nobre’.

En xaneiro de 2023 existían 540 mulleres en Galicia co nome Adelaida, cunha media de idade de 68,5 anos.Adelaida na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coas variantes Adelaira ou Delaira.

Festa A súa festa celébrase o 16 de decembro.

Na cultura popular galega ''Baila, Manoeliño,/ Manoel, baila,/ baila, Manoeliño,/ con Adelaira.BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 164.

Adelaida noutras linguas Alemán: Adelheid Bretón: Adelaid Castelán: Adelaida Catalán: Adelaida Checo: Adelaida Dinamarqués: Adelaide Éuscaro: Adelaide / Adelaida Francés: Adélaïde Húngaro: Adelaida Inglés: Adelaide Italiano: Adelaide Neerlandés: Adelheid Noruegués: Adelheid Polaco: Adelajda Portugués: Adelaide Romanés: Adelaida Ruso: Adelaida Sueco: Adelaide

Personaxes célebres Adelaida de Burgundia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe xermánica Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos cataláns Categoría:Nomes femininos checos Categoría:Nomes femininos húngaros Categoría:Nomes femininos romaneses Categoría:Nomes femininos rusos