250px|dereita|miniatura|Chaira en Castelluccio di Norcia (Umbría) A Umbría (Umbria en italiano), posta no corazón de Italia, cos seus 8.456 km² de superficie (6.334 a provincia de Perugia e os restantes 2.122 a de Terni) é unha das rexións máis pequenas de Italia e a única, da Italia peninsular, que non está bañada por ningún mar. Limita ao leste e ao nordeste coas Marcas, ao oeste e noroeste coa Toscana e ao sur e suroeste co Lacio.

Xeografía

Neste territorio predominan os outeiros (70,7% da superficie total), aínda que tamén ten zonas de montaña (o 29,3%). A Umbría ofrece unha gran variedade de caracteres morfolóxicos e paisaxísticos coa presenza de vales, cadeas montañosas, altiplanos e chairas, máis ou menos extensas, que atravesan a rexión de oeste a leste, constitúen a característica xeográfica dominante. A inestabilidade tectónica e a nova idade xeolóxica motivan a elevada sismicidade da rexión.

División administrativa A rexión divídese en dúas provincias:

provincia Poboación (hab)Perugia632.420Terni226.518

Os principais concellos da Umbría son:

Cidade Poboación (hab) Superficie (km2) Perugia162.565449 km2Terni109.816211 km2Foligno (Perugia)53.818263,7 km2Città di Castello (Perugia)39.492387 km2Spoleto (Perugia)38.563349 km2Gubbio (Perugia)32.542525 km2Assisi (Perugia)26.196186 km2Orvieto (Terni)20.841281 km2Bastia Umbra (Perugia)20.76027,6 km2Narni (Terni)20.212197 km2 Notas

Categoría:Rexións de Italia