O 25 de setembro é o 268º día do ano do calendario gregoriano e o 269º nos anos bisestos. Quedan 97 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1066 - A batalla de Stamford Bridge ―onde morre o rei viquingo Harald III― marca o fin da invasións viquingas en Inglaterra. 1789 - Aprobada a Declaración de Dereitos (Bill of Rights) polo Congreso dos EEUU 1962 - Morren máis de 700 persoas na provincia de Barcelona por mor das inundacións provocadas polas choivas torrenciais que tamén afectan a Castellón e as Illas Baleares. O río Besòs alcanza 3.000 m³/s e a Rambla de la Viuda 1.500 m³/s. 1982 - Comeza en Riazor (A Coruña) a Asemblea Fundacional do BNG. 1998 - Accidente aéreo no que está implicada a aeronave BAe-146-100 matrícula EC-GEO, ao norte da cidade de Melilla. 2003 - Un terremoto de 8,0 graos na escala de Richter sacode a costa de Hokkaido, no Xapón. 2011 - En Barcelona celébrase a última corrida de touros, prohibidas a partir do 1º de xaneiro de 2012.

Nacementos miniatura|100px|William Faulkner. miniatura|100px|Augusto Casas. 1599 - Francesco Borromini, arquitecto e escultor italiano de orixe suíza (m. 1667). 1644 - Ole Rømer, astrónomo dinamarqués (m. 1710). 1694 - Henry Pelham, político británico, primeiro ministro do Reino Unido (m. 1754). 1725 - Nicolas-Joseph Cugnot, inventor francés (m. 1804). 1866 - Thomas Hunt Morgan, xenetista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1933 (m. 1945). 1875 - Fernando Álvarez de Sotomayor, pintor galego (m. 1960). 1881 - Lu Xun (Zhou Shuren), escritor chinés (m. 1936). 1884 - Daniel Pernas Nieto, sacerdote e escritor galego (m. 1946). 1891 - Manuel Irujo Ollo, político e avogado navarro (m. 1981). 1897 - William Faulkner, escritor estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1949 (m. 1962). 1901 - Robert Bresson, cineasta francés (m. 1999). 1906 - Dmitrii Shostakovich, compositor ruso (m. 1975). 1906 - Augusto Casas Blanco, avogado e escritor galego (m. 1973). 1922 - Hammer DeRoburt, primeiro presidente de Nauru (m. 1992). 1932 - Glenn Gould, pianista canadense (m. 1982). 1932 - Shel Silverstein, músico e escritor estadounidense (m. 1999). 1932 - Adolfo Suárez González, avogado e político español, presidente de España 1976-1981 (m. 2014). 1944 - Michael Douglas, actor estadounidense. 1944 - Antón Pulido Novoa, pintor e gravador galego. 1948 - Iain Colquhoun, fotógrafo británico residente en Galicia. 1949 - Pedro Almodóvar Caballero, cineasta español. 1952 - Christopher Reeve, actor estadounidense (m. 2004). 1954 - Juande Ramos (Juan de la Cruz Ramos Cano), futbolista e adestrador español. 1955 - Karl-Heinz Rummenigge, futbolista internacional alemán. 1957 - Michael Madsen, actor estadounidense (m. 2025). 1964 - Carlos Ruiz Zafón, escritor español. 1965 - Rafael Martín Vázquez, futbolista internacional español. 1968 - Alberto Bodelón Alfonso, futbolista galego. 1968 - Will Smith, actor e cantante estadounidense. 1969 - Paz Padilla (María de la Paz Padilla Díaz), actriz e humorista española. 1969 - Catherine Zeta-Jones, actriz estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Alejandra Pizarnik 303 - Firmino de Amiens, misioneiro, bispo e santo cristián (n. 272 ). 1506 - Filipe I, rei de España (n. 1478). 1534 - Clemente VII, papa da Igrexa católica (n. 1478). 1617 - Francisco Suárez, teólogo español. 1878 - August Petermann, xeógrafo e cartógrafo alemán (n. 1822). 1933 - Ring Lardner, escritor e xornalista estadounidense (n. 1885). 1936 - Avelino López Otero, xornalista e político galego (n. 1903). 1954 - Eugeni d’Ors i Rovira, escritor e xornalista español (n. 1881). 1972 - Alejandra Pizarnik, poeta arxentina (n. 1936). 1980 - Lewis Milestone (Leib Milstein), cineasta estadounidense (n. 1895). 1983 - Leopoldo III, rei de Bélxica (n. 1901). 1984 - Walter Pidgeon, actor canadense (n. 1897). 1986 - Nikolai Semyonov, físico e químico soviético, Premio Nobel de Química (n. 1896). 1986 - Manuel Daniel Varela Buxán, escritor e director teatral galego (n. 1909). 1986 - Daniel Sueiro, xornalista e escritor galego (n. 1931). 1987 - Mary Astor (Lucile Vasconcellos Langhanke), actriz estadounidense (n. 1906).

2003 - Edward Said, crítico e teórico de literatura estadounidense. 2005 - Don Adams (Donald James Yarmy), actor estadounidense Get Smart (n. 1896).

Festas e celebracións Día Mundial do Farmacéutico.

Outros Santoral: San Cléopas.

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Setembro