O Equipo Arxentino de Antropología Forense (EAAF) é unha organización non gobernamental e sen fins de lucro arxentina de carácter científico creada en 1986 a iniciativa das organizacións de dereitos humanos da Arxentina co fin de desenvolver técnicas de antropoloxía legal que axudasen a descubrir que sucedera coas persoas detidas-desaparecidas durante a ditadura militar (1976-1983). Desde o ano 1998 traballou en 30 países de Latinoamérica, África, Europa e Asia; en lugares como Bosnia, Angola, Timor Oriental, Polinesia Francesa, Croacia, Kurdistán iraquí, Kosovo e Suráfrica.

Orixe

Inmediatamente logo de recuperada a democracia e que entrase en funcionamento a CONADEP comezaron a realizarse exhumacións porque se sospeitaba que moitas das tumbas NN poderían estar ocultando desaparecidos asasinados sen identificar. Pronto foi evidente que se necesitaban métodos científicos para reconstruír a memoria. A CONADEP e as Avoas de Praza de Maio tomaron a iniciativa e viaxaron a Estados Unidos onde recibiron o decisivo apoio da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (w:en:). Creouse unha base de datos xenéticos no Hospital Durand de Bos Aires, e un equipo de antropólogos forenses organizados por Clyde Snow con grande audacia O norteamericano Clyde Snow, fundador do Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense: Aquí todavía están conscientes de la tragedia, Páxina 12, 27 de xuño de 2004. Sobre esta base en 1986 creouse o Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF), como unha organización non gobernamental e sen fins de lucro La antropología investiga los años de plomo, Páxina 12, Futuro, 8 de abril de 2000.

Actividade O EAAF desenvolveu un método de investigación organizado en tres etapas: Unha etapa preliminar de recompilación de fontes escritas e orais do desaparecido ou desaparecida; Unha etapa de análise da documentación e rexistros que ten como fin establecer onde poden atoparse os restos; Unha etapa arqueolóxica, similar á arqueoloxía clásica nun contexto médico legal. Nesta etapa utilízanse tamén as técnicas de investigación xenética a través do ADN.

O EAAF foi pioneiro no desenvolvemento destas técnicas. Di Clyde Snow que:

Ata o 2000 o EAAF lograra identificar os restos de sesenta persoas, mentres que había outros trescentos casos que se continuaban investigando La antropología investiga los años de plomo, Páxina 12, Futuro, 8 de abril de 2000.

Claudio, un fillo de desaparecidos que buscaba aos seus pais di:

Identificación do Che Guevara

O EAAF volveuse mundialmente coñecido tamén por identificar o corpo do Che Guevara en Bolivia.

Membros Algúns dos científicos membros do EAAF son: Clyde Snow, Luis Fondebrider, Darío Olmo, Silvina Turner, Mercedes Doretti, Patricia Bernardi, Anahí Ginarte, Rafael Mazzella, Daniel Bustamante, Carlos Somigliana, Miguel Nieva, Sofía Egaña, Cecilia Ayerdi, Andrea del Río.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Desaparecidos pola ditadura arxentina Guerra sucia na Arxentina Proceso de Reorganización Nacional

Ligazóns externas Sitio web do EAAF

Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Asociacións de dereitos humanos