O nome da rosa (en , en e en ) é un filme dirixido polo francés Jean-Jacques Annaud estreado en 1986. Baséase na novela homónima escrita por Umberto Eco e protagonizado por Sean Connery como o freire franciscano Guillerme de Baskerville e Christian Slater como o novizo Adso de Melk. Este último protagonizaba unha escena sexual con Valentina Vargas que contribuíu ó seu lanzamento como símbolo sexual da mocidade.

Foi emitido na TVG o 18 de xaneiro de 1991.La Voz de Galicia, 18 de xaneiro de 1991. Páxina 55

Sinopse Século XIV. Frei Guillerme de Baskerville (Sean Connery), monxe franciscano e antigo inquisidor, e o seu inseparable discípulo, o novizo Adso de Melk (Christian Slater), visitan unha abadía beneditina, situada no norte de Italia, para esclarecer a morte do miniaturista Adelmo de Otranto. Durante a súa estadía, desaparecen misteriosamente outros monxes que despois aparecen mortos. Lentamente, Guillerme vai esclarecendo os feitos. Ó parecer, os asasinatos están relacionados cun antigo tratado sobre a licitude da risa.

Personaxes Sean Connery como William of Baskerville. Christian Slater como Adso de Melk. Helmut Qualtinger como Remigio de Varagine. Elya Baskin como Severinus. Michael Lonsdale como o Abade. Volker Prechtel como Malachia. Feodor Chaliapin, Jr. como Jorge de Burgos. William Hickey como Ubertino da Casale. Michael Habeck como Berengar. Urs Althaus como Venantius. Valentina Vargas como A rapaza. Ron Perlman como Salvatore. Leopoldo Trieste como Michele da Cesena. Franco Valobra como Jerome de Feodosiya. Vernon Dobtcheff como Hugh of Newcastle. Donal O'Brian como Pietro d'Assisi. Andrew Birkin como Cuthbert de Winchester. F. Murray Abraham como Bernardo Gui. Lucien Bodard como Bertrand del Poggetto. Peter Berling como Jean d'Anneaux. Pete Lancaster como Bishop of Alborea. Dwight Weist como a Voz de Adso de vello.

Premios A película conseguiu un total de 16 premios en distintos festivais e concursos internacionais, destacando: O César da Academia francesa á mellor película estranxeira en 1987. Dous BAFTAs británicos, un para Sean Connery como mellor actor e outro para Hasso von Hugo polo mellor maquillaxe en 1988.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste Categoría:Filmes dirixidos por Jean-Jacques Annaud Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes ambientados no século XIV Categoría:Filmes ambientados en Italia Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Filmes de 1986 con versión en galego