dereita|miniatura|300px|Unha vila costeira de Sumatra devastada tralo tsunami de 2004. Un risco natural é aquel fenómeno físico que produce un dano no ambiente e como consecuencia pode producir desastres ou catástrofes naturais, que causan crises nos diferentes sectores da sociedade.
O impacto dos riscos naturais pódese reducir de diferentes maneiras como por exemplo por campañas de prevención, adoptando políticas de xestión adecuadas, mellorando a comprensión dos fenómenos xeodinámicos dos propios riscos...
O termo risco natural vén dado pola seguinte expresión:
RISCO = PERIGOSIDADE + VULNERABILIDADE
A perigosidade refírese á probabilidade de que un determinado fenómeno se poida producir ou non. A vulnerabilidade é o impacto do fenómeno sobre a sociedade.
É necesario facer diferenza entre riscos actuais e riscos potenciais:
Riscos actuais: como por exemplo un acuífero contaminado que esta empregándose, un volcán en erupción. Estes riscos fan dano aínda sen desenvolver todo o seu potencial. Riscos potenciais: un volcán inactivo, unha aba en equilibrio estrito son exemplos.
Clasificación Meteorolóxicos Moitos dos riscos naturais están asociados as condicións e os cambios no clima.
Temporais de vento. Tornados ou furacáns. Nevadas. Tempestades eléctricas.
Xeofísicos
Esvaementos do terreo. Terremotos. Volcáns.
Antropoxénicos Son causas artificiais producidas polo ser humano.
Catástrofes en centrais nucleares. Contaminación.
Biolóxicos
Pragas. Pestes. Epidemias.
Consecuencias
Claro está que a parte dos danos que producen en maior ou menor medida, podemos diferenciar dous tipos de consecuencias.
Directas Son aquelas referidas os danos que afectan ós bens propios, agricultura e gandería, patrimonio cultural...
Indirectas Referímonos a consecuencias indirectas aquelas como unha interrupción de obras, diminución do turismo...
Véxase tamén Bibliografía https://web.archive.org/web/20071115231643/http://www.rinamed.net/es/es_ris_main.htm http://hispagua.cedex.es/documentacion/especiales/desastres_naturales/introduccion.htm
Categoría:Ecoloxía