miniatura|Zelt-Musik-Festival 2016 Freiburg, Alemaña miniatura|Zelt-Musik-Festival 2016 Os Gipsy Kings (Reis xitanos en inglés) son unha formación musical de rumba catalá, unha mestura entre flamenco, pop e varias tradicións de canción lixeira. As dúas familias dos seus integrantes fuxiron de Cataluña durante a guerra civil, como moitas outras, para se instalaren en Francia.

Os seus primeiros discos foron Djobi Djoba e Bamboleo, moi populares en Francia malia as críticas dos puristas do flamenco.O álbum Gipsy Kings tivo éxito en varios países de Europa, especialmente en Francia e Inglaterra. En 1989, Gipsy Kings obtivo recoñecemento nos Estados Unidos, onde aguantou corenta semanas nas listaxes de éxitos, algo que moi poucos álbums en castelán acadaran antes.

A canción Volare do álbum Mosaique é unha versión do éxito do italiano Domenico Modugno Nel Blu Dipinto Di Blu. A versión en castelán de Hotel California de The Eagles aparece no filme O gran Lebowski dos irmáns Coen.

Integrantes do grupo Os membros de Gipsy Kings pertencen a dúas familias emparentadas: Os Reyes e os Baliardos (os Baliardos descenden do artista flamenco Manitas de Plata). Os seus nomes son: Nicolás Reyes - vocalista principal. Pablo Reyes - coros, guitarra. Canut Reyes - coros, guitarra. Patchai Reyes - coros, guitarra. Andre Reyes - guitarra. Diego Baliardo - guitarra. Paco Baliardo - guitarra. Tonino Baliardo - guitarra principal.

Chico Bouchikhi tamén foi membro de Gipsy Kings, pero deixouno tralo álbum Este Mundo.

Álbums Allegria (1982). Luna de Fuego (1983). Gipsy Kings (1987). Mosaique (1989). Allegria (versión para os USA) (1990). Este Mundo (1991). Live (1992). Love and Liberté (1993). Greatest Hits (1994). The Best of the Gipsy Kings (1995). Tierra Gitana (1996). Compas (1997). Cantos De Amor (1998). Volare: The Very Best of the Gipsy Kings (1999, de novo en 2000). Somos Gitanos (2001). Tonino Baliardo (2003). Roots (2004). Pasajero (2006). Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Canle oficial dos Gipsy Kings no Youtube

Categoría:Grupos musicais de Francia Categoría:Grupos musicais de rumba catalá Categoría:Pobo xitano