Rafael Baltar Tojo, nado en Santiago de Compostela o 31 de xaneiro de 1933 e finado na mesma cidade o 15 de decembro de 2004, foi un arquitecto galego Galegos.info.

Traxectoria Fillo de Ramón Baltar Domínguez. Obtivo o seu título de arquitecto en 1964 e o de doutor arquitecto en 1967 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.

Foi catedrático e director do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, e dende ese cargo impulsou as relacións de intercambio coas Facultades de Arquitectura de Clermont-Ferrand (Francia) e Regensburg (Alemaña), relacións que culminaron coa creación dun concurso anual entre alumnos das tres escolas que hoxe leva o seu nome.

Foi membro numerario da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, consultor do Consello da Cultura Galega e membro do Consello de Fábrica da Catedral de Santiago. Tivo unha presenza moi activa na creación do Museo do Pobo Galego, do que foi presidente da Xunta Reitora e, máis tarde, vicepresidente primeiro do seu Padroado.

Foi Vocal e máis tarde Presidente da Xunta Directiva da Delegación na Coruña do Colexio de Arquitectos de León. Participou nas xestións para a creación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia por segregación do de León (decreto de 2 de maio de 1973). Formou parte de 1973 a 1979, como Contador, da primeira Xunta de Goberno do Colexio e exerceu a presidencia da súa Comisión de Cultura de 1975 a 1979 e de 1981 a 1983.

En Santiago de Compostela levou cabo a maior parte do seu labor profesional onde formou equipo dende 1965 con José Antonio Bartolomé e, posteriormente, con Carlos Almuíña Díaz. Autores de numerosas obras de edificación pública e privada, tanto de nova planta como de restauración de conxuntos e edificios histórico-artísticos.

A súa obra foi publicada en revistas especializadas como Arquitectura (Madrid), Obradoiro (Santiago de Compostela), Hogar y Arquitectura (Madrid), Jano-Arquitectura (Barcelona) ou bd (Stuttgart), e exhibida en múltiples exposicións sobre a arquitectura galega contemporánea. Destacan nela os traballos de restauración na Catedral de Santiago, no Teatro Principal de Santiago, no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, no Teatro Jofre de Ferrol e no Teatro Colón da Coruña. Entre as de nova planta deben citarse o edificio de xulgados, o Salón Teatro e o aulario da facultade de Ciencias Políticas, todos eles en Santiago.

Autor do libro Arquitectura y preexistencias: Una referencia gallega (Cuadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro, Sada. 1991). Publicou numerosos traballos sobre a arquitectura, o proxecto, o patrimonio arquitectónico e a forma do territorio. miniatura|210px|Casa do concello de Trazo. miniatura|230px|Xulgados de Vigo.

Obras Subestación de Fenosa en Galeras (Santiago de Compostela). Polideportivo en Belvís.Onde? Concello de Trazo (con José Antonio Bartolomé Argüelles) en 1975 Vivendas de segunda residencia en Portosín en colaboración co arquitecto José Antonio Bartolomé ArgüellesCOAG Obradoiro, COAG, 1979, Santiago de Compostela, nº3, pp. 12-13.. Novo edificio de xulgados de Santiago de Compostela (1993-1995). En colaboración con José Antonio Bartolomé e Carlos Almuíña.COAG Obradoiro, COAG, 2000, Santiago de Compostela, nº28, pp. 12-15. Rehabilitación do Teatro Jofre de FerrolO teatro www.ferrol.es. (2002). Ampliación da Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela. En colaboración con José Antonio Bartolomé e Carlos Almuíña. Creación do polideportivo do Colexio Manuel Peleteiro.

Premios Accésit no VII Premio COAG de Arquitectura na categoría Edificio de nova planta pola obra Novo edificio de xulgados de Santiago de CompostelaVII Premio COAG de Arquitectura www.coag.es. Mención no IX Premio COAG de Arquitectura na categoría Edificio de nova planta pola obra Ampliación da Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de CompostelaIX Premio COAG de Arquitectura www.coag.es. Seleccionado para o IV Premio Julio Galán Carvajal coa obra Novo edificio de xulgados de Santiago de CompostelaIV Premio Julio Galán Carvajal www.coag.es.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

"Baltar Tojo, Rafael" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 87, Ir Indo, Vigo.

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes