Antón Losada Diéguez ou Antonio Losada Diéguez, nado en Moldes (Boborás) o 22 de decembro de 1884 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1929, foi un filósofo, escritor e político galego. A súa familia procedía da fidalguía e da nobreza galega do Antigo Réxime, o carlismo e o tradicionalismo, tendencias que influíron na súa traxectoria no nacionalismo galego.(tamén en DVD) Integrante da Irmandade da Fala de Ourense, impulsor da revista Nós e ideólogo do artellamento do grupo Nós e correspondente da Real Academia Galega, atraeu a numerosos intelectuais á causa galeguista, exercendo sobre eles un labor socrático, cunha extraordinaria capacidade de espertar conciencias e estimular talentos. De obra relativamente escasa e en gran parte inédita ata 1985, foi autor, entre outras, de media ducia de poesías, sete contos, dous escritos políticos, a obra teatral incompleta A domeadoraFicha da obra A domeadora na Biblioteca Virtual Galega. e os discursos "Os problemas do idioma e a cultura no rexionalismo galego" (1918) e "Encol da prosa galega" (1924),"Encol da prosa galega", Nós 73, 15/1/1930 en Galiciana. co que ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Morreu prematuramente aos 44 anos de idade. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1985.RAG. Letras galegas. Antón Losada Diéguez
Traxectoria miniatura|esquerda|230px|A familia Losada Diéguez na Ramallosa en 1898, Antón é o segundo pola dereita. Primeiros anos Pertencía a unha familia fidalga de ideoloxía tradicionalista e católica, fillo de Miguel Losada Losada (1860-1913) e Carmen Diéguez Arias y Correa (1850-1888), casados en agosto de 1883. Carmen finou de tuberculose cando Antón contaba tres anos. A nenez de Antón transcorreu entre Moldes, no pazo familiar de finais do século XVI, rodeado de viñedos, e A Estrada, mais fundamentalmente nesta última. Desde os dez anos, pasou cinco máis interno no Colexio Santiago Apóstolo dos Padres Xesuítas na Pasaxe (en Camposancos, A Guarda). Estudou Letras na Universidade de Deusto, graduándose en 1906, e fixo un curso de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, no 1902-1903. Os seus primeiros escritos non publicados e conferencias datan de 1901. En 1904 marchou a Madrid para facer o doutoramento en Filosofía e Letras, onde coincidiu con Ramón Otero Pedrayo. Nestes anos xorde a súa vocación literaria que se concreta en catro pezas teatrais en castelán que presentou a concursos. miniatura|esquerda|230px|Pazo de Moldes, residencia familiar. Desde o ano 1907 regresou habitualmente a Galicia para participar no movemento agrario, facéndoo de forma directa na fundación de sindicatos agrarios na Estrada e noutros puntos de Galicia. No ano 1910 trasladou a súa residencia habitual a Galicia, onde actuou de profesor axudante de Armando Cotarelo Valledor, adscribíndose politicamente ó xaimismo e sendo elixido secretario da Xunta Tradicionalista de Santiago de Compostela. miniatura|esquerda|200px|Segundo Pedrayo: Lousada era un señorito de pazo, moi relixioso, moi tradicional, culto, carlista… En 1911 marchou de novo a Madrid para preparar oposicións a unha cátedra universitaria de Teoría da Literatura e das Artes, ao non conseguila optou polo ensino secundario. No ano 1913 gañou unha cátedra de instituto con destino en Santa Cruz de Tenerife, Canarias, que conseguiu permutar por outra en Toledo, que ocupa durante o curso 1913/1914, e que, ao curso seguinte, permutou para o instituto de Ourense, ocupando a cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito. Nesta cidade fixo amizade cos homes do cenáculo de Vicente Risco e aproveitou para rematar os seus estudos de dereito en Santiago, onde coñeceu a Luís Porteiro Garea. O 25 de xuño de 1915 casou con Albina Espinosa Cervela (filla de Laurentino Espinosa Valladares e sobriña neta de Marcial Valladares e Avelina Valladares), coa que tivo o primeiro fillo, Antón. Albina finou o 17 de decembro do 1916 a causa do tifo.Xenealoxía en Xenealoxia.org A partir de 1916 foi arredando do xaimismo ao tempo que comezou a gabar o rexionalismo catalán.
Entrada no galeguismo O ano 1917 vai ser fundamental na traxectoria política de Losada xa que ingresa nas Irmandades da Fala, o 17 de outubro escribiu a Porteiro solicitándolle información e o 30 de outubro xa estaba integrado na Irmandade. Renova a Irmandade de Ourense que estaba en mans de sectores rexionalistas sen case actividade pública e consegue atraer a Vicente Risco e ao núcleo que participaba en La Centuria, o que vai ser fundamental para o desenvolvemento do galeguismo e que vai dar orixe á Xeración Nós. Ademais nese ano viaxa a Barcelona cunha delegación das Irmandades para celebrar unha Semana Galega e entrar en contacto coa Lliga Regionalista, e á súa volta a Ourense é o encargado de recibir a Francesc Cambó, e vai ser o encargado xunto a Rodrigo Sanz e Luís Porteiro de organizar as candidaturas galeguistas na provincia de Ourense para as eleccións xerais de 1918, coligado cos mauristas de José Calvo Sotelo.
Porteiro presentouse por Celanova e Losada polo distrito electoral da Estrada, competindo cos riestristas. A derrota electoral provocou unha desmoralización no seo das Irmandades e Losada vai concentrar os seus esforzos en consolidar o grupo. Para iso escribiu arreo na prensa. Sobre todo en El Emigrado, La Región, O Tío Marcos d'a Portela, A Nosa Terra, El Estradense e Alborada apareceron os seus escritos en galego, sen esquecer o seu labor como propagandista católico en Pontevedra como presidente da Acción Católica e do Círculo de Obreiros Católicos locais e impulsor dos tímidos intentos para introducir o galego na liturxia. Losada estaba dobremente obsesionado por galeguizar a Igrexa e cristianizar o galeguismo. El mesmo traduciu a Salve a esta lingua. O 17 e 18 de novembro de 1918 presidiu a I Asemblea Nacionalista, no teatro Lugo-Salón da Rúa Aguirre.: "A asemblea nacionalista de Lugo ou a historia dunha inexactitude" Praza Pública, 18/11/2013.
Traslado a Pontevedra miniatura|300px|Asistentes á IV Asemblea Nacionalista. Entre outros están: Castelao, Casal, Losada, Antón Villar Ponte, Manuel Antonio, Blanco Torres e Otero Pedrayo. En 1919 comezou a traballar como profesor no Instituto de Pontevedra, residindo na Praza do Teucro.<ref name=FERRO> (2015): "Biografía de Xosé Filgueira Valverde", CCG: "Foi na casa de Losada Diéguez, na praza de Teucro: asistían Sánchez Cantón, Castelao, Iglesias Vilarelle, Octavio Pintos (Tabucho), entre outros…</ref> Ocupou a cátedra de filosofía nese centro de ensino, onde tivo de discípulos a Xosé Sesto López e Xosé Filgueira Valverde, e onde chegaría a ter de compañeiros, entre outros profesores, ao propio Filguera Valverde, Ramón Sobrino Buhigas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Luís Pintos Fonseca e Tomás Abeigón Pazos. Con Risco e Arturo Noguerol, fundou en 1920 a revista Nós. En palabras de Xoaquín Lorenzo, Xocas, en 1985, no programa Parladoiro da Radio Galega, Losada Diéguez foi a semente de toda a Xeración Nós:
miniatura|300px|Cos alumnos do Instituto de Pontevedra en 1923. O 31 de decembro de 1920 casou no oratorio da casa de Vilancosta, en segundas nupcias, con Mercedes Espinosa Cervela (irmá da primeira muller) coa que tería seis fillos máis. En 1922, trala escisión producida na IV Asemblea Nacionalista de Monforte de Lemos, acompañou a Risco na formación da Irmandade Nazonalista Galega e foi o seu Conselleiro de Espallamento durante un ano, fracasando nos seus intentos de reunificar o galeguismo. Ese mesmo ano, na casa de Losada fanse as primeiras xuntanzas para a creación do diario vigués Galicia, do que o primeiro número saíu o 25 de xullo. O 12 de maio de 1924 ingresou no Seminario de Estudos Galegos co discurso "Encol da prosa galega", lido nos locais da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Losada fíase das promesas de Calvo Sotelo e colabora nun primeiro momento coa ditadura de Primo de Rivera tomando posesión como vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, e como tal participou nos intentos de establecer unha Mancomunidade de Galicia que quedará en nada e provocará que Losada presente a dimisión en marzo de 1925. Como recordo do seu labor na Deputación quedará o establecemento do Museo de Pontevedra grazas ás súas xestións."Actos en memoria de patróns, benfeitores, amigos e traballadores do Museo falecidos" Museo de Pontevedra, 23/11/2009. miniatura|300px|SEG en 1928. De pé: Pedrayo, Losada, Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira, García Paz, Pintos, Fraguas e Osorio-Tafall. Sentados: Parga Pondal, Moralejo Laso, Carro, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Álvarez Limeses e Novás., Mateo (2019) "Unha disección da fotografía pontevedresa do Seminario de Estudos Galegos" Quórum, , Nº. 2, 2019, pp. 103-113. Durante o resto da ditadura dedicarase a actividades culturais como presidente fundador da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra (dende 1925) e do Eiriña Club de Fútbol, como tesoureiro da Misión Biolóxica de Galicia, ao seu traballo no seo do Seminario de Estudos Galegos e a colaboración con Acción, Órgano de la Juventud Católica, publicado dende 1928, pero sen esquecer os desexos de autonomía de Galicia como proba o relatorio sobre goberno rexional, que presenta no Primeiro Congreso de Economía de Galicia. Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende o 22 de maio de 1928.
A súa morte prematura, antes de cumprir os corenta e cinco anos, aconteceu en Pontevedra no outono de 1929 e os seus restos descansan na capela familiar na igrexa de San Mamede de Moldes. Deixou viúva e seis orfos,Véxase a imaxe dunha figura alegórica da viúva de Losada e os seis orfos máis un sétimo, póstumo, que finaría aos catro meses de nacer.
Obra
Dende que entrou nas Irmandades ata a súa morte coñécenselle media ducia de poesías (entre orixinais e traducións ó galego), sete contos curtos, un fragmento de comedia inacabada, dous artigos sobre arte, unha incursión parafilosófica,"Teoría cuasi trascendental de velocidade" (Nós n.º 5) dous discursos, incluíndo o de ingreso no Seminario de Estudos Galegos, e doce artigos máis ou menos políticos e case todos breves. Porén, na publicación en 1985 da Obra Completa (657 páxinas), o material recollido suma 119 textos. miniatura|205px|Losada foi unha das figuras máis relevantes dos tempos primeirizos do nacionalismo galego.20x20px : "1985" 1'32", canle de YouTube da RAG. Divididos en catro temáticas e, dentro destas, por orde cronolóxica, os títulos son:En
Sobre arte e literatura En castelán: "Concierto Quiroga". En castelán: Simbólica e ideas filosóficas contenidas en "La vida es sueño": drama en tres jornadas y en verso de D. Pedro Calderón de la Barca, tese, 1910. En castelán: "La universalidad de la obra artística", manuscrito, 16/2/1911. En castelán: "Un artista", probablemente en La Voz del Miño, 1912. En castelán: "Sobre las poesías de Antonio Valcarcel". "Manolo Quiroga", O Tio Marcos d'a Portela, 21/6/1918. "Encol da prosa galega", discurso de ingreso no SEG o 12 de maio de 1924. En castelán: "Los Orfeones y la Coral Polifónica".
Política e ideoloxía (selección) Véxase a listaxe completa en Wikisource: :s:Antón Losada Diéguez. "O noso rexionalismo" En castelán: "De regionalismo". En castelán: "El problema gallego, Regionalismo y separatismo". En castelán: "El momento gallego. Aspectos regionalistas". En castelán: "Regionalismo y nacionalismo". En castelán: "La lucha electoral en Carballino. Carta abierta a un lector". En castelán: "Los católicos y los regionalistas. Una aclaración". En castelán: "Manifiesto a los lectores". "Valentín Lamas Carvajal". O Tio Marcos d'a Portela 32, 31/5/1918. "Os problemas do idioma e da cultura no rexionalismo galego", 18/7/1918. En castelán: "En defensa del galleguismo". En castelán: "El nacionalismo gallego". En castelán: "Regionalismo gallego. Galicia es una nacionalidad". "Todos rexionalistas". "Carta aberta a D. Xaime Solá".