miniatura|240px|Representación dunha hectárea. A hectárea (símbolo ha) ou hectómetro cadrado (símbolo hm²) é a superficie que ocupa un cadrado dun hectómetro de lado. Equivale a 100 áreas ou 10.000 m².

O seu símbolo é ha (non Ha, e como todo símbolo, nunca leva punto).

Utilízase para medir a superficie dunha leira e outros terreos menores en extensión que unha cidade.

Equivalencias Unha hectárea equivale a: 1 hectómetro cadrado. 100 áreas ou decámetros cadrados. 10.000 metros cadrados. 0,1 quiliáreas 0,010 quilómetros cadrados. 0,003861020 millas cadradas. 2,47105380 acres internacionais. 2,47104390 acres estadounidenses. 10 dunams. 107.6390 pés cadrados. 0,590 cuadras rurais, (na Arxentina, a cuadra é unha medida que usan os agricultores para medir a terra cultivada. É dicir, unha cuadra equivale a 16.880 metros cadrados)

Véxase tamén Ligazóns externas Conversión de hectárea noutras unidades

Categoría:Unidades de superficie