A lingua islandesa é un idioma escandinavo occidental, da familia das linguas xermánicas setentrionais. A súa orde de constituíntes é S-V-O. É falada por arredor dun cuarto de millón de persoas na illa de Islandia.

Alfabeto O alfabeto islandés está formado por 32 letras do alfabeto latino que foi introducido arredor do ano 1000, desprazando ao rúnico. Das 26 letras do mencionado alfabeto son excluídas catro: C, Q, W e Z, pero agréganse 7 vogais con signo diacrítico: Á, É, Í, Ó, Ú, Ý, Ö e 3 letras: Ð/ð, que é unha fricativa dental sonora; Þ/þ, que é unha fricativa dental xorda e o dígrafo Æ/æ que se pronuncia coma o ditongo [ai].

O Z foi derrogado en 1974, sendo substituído polo S (que tiña a mesma pronunciación). A pesar disto, aínda quedan algúns falantes que se resisten a abandonar aquela letra e incluso un dos maiores periódicos islandeses, o Morgunblaðið, sostén esa postura. + Alfabeto islandés   A / a     Á / á     B / b     D / d     Ð / ð     E / e     É / é     F / f     G / g   H / h   I / i   Í / í   J / j   K / k   L / l   M / m   N / n   O / o   Ó / ó   P / p   R / r   S / s   T / t   U / u   Ú / ú   V / v   X / x   Y / y   Ý / ý   Þ / þ   Æ / æ   Ö / ö

Fonoloxía e fonética Partindo da ortografía, unha vogal non se pronuncia igual se está acentuada ou non: non é o mesmo a que á e u tampouco igual ca ú (e igual para e-é, i-i, o-ó ou y-ý). Son especiais as vogais æ e ö. Outros signos propios da escrita islandesa son as consoantes Ð (ð) e Þ (þ), que se retrotraen dos moi antigos tempos do saxón arcaico (Rasmus Rask, o creador do alfabeto islandés, adoptouno dun tratado do século XII): o primeiro soa coma o primeiro fonema inglés de the e o segundo coma thin (o z galego). Ten 32 letras na súa escrita.

Consoantes

+Consoantes   Bilabial Labio-dental Dental Alveolar Palatal Velar Glotal Oclusiva           Nasal             Fricativa         Vibrante Múltiple                         Aproximante Lateral                          

Vogais

Monoptongos Anterior Posterior Pechada Semipechada   Semiaberta Aberta Onde os símbolos aparecen en pares, aquel á dereita do punto representa unha vogal redondeada.

Ditongos O compoñente máis pechado é anterior O compoñente máis pechado é posterior O compoñente máis aberto é medio O compoñente máis aberto é aberto

Cantidade vocálica

A cantidade é a duración das vogais, ditongos e sílabas naquelas linguas indoeuropeas caracterizadas como linguas cuantitativas.

En islandés os monotongos e ditongos tónicos son longos nos siguintes casos:

En palabras monosílabas cando a vogal vai no final da palabra: fá «recibir» nei «non» þú «ti» Ante unha soa consoante: fara «ir» hás «rouco» vekja «espertar» ég «eu» spyr «pregunto» Ante calquera destes grupos , , ou . Excepción: se hai un t ante o infixo k, como sucede en notkun e mais en litka. Existen tamén excepcións adicionais coma um e fram, onde a vogal é curta a pesar das regras e en, onde a lonxitude da vogal depende do contexto.) lipra «áxil» (acusativo feminino) sætra «doce» (xenitivo plural) akra «campos» (acusativo plural) hásra «rouco» (xenitivo plural) vepja «avefría» letja «disuadir» Esja topónimo dunha montaña götva como aparece en uppgötva: «descubrir» vökva «regar»

Ante outros grupos consonánticos (incluídos os oclusivos preaspirados e consoantes xeminadas, as vogais acentuadas son curtas. As vogais átonas son sempre breves. Karl «Carlos» standa «estar de pé» sjálfur «(un) mesmo» kenna «ensinar» fínt «fino» (acusativo neutro de fínn) loft «aire», «ceo» upp «arriba» yrði como en nýyrði: «neoloxismo» ætla «pretender» laust «lixeiramente»

(Nota: en islandés o acento recae sempre na primeira sílaba.)

Gramática O islandés é unha lingua declinable con catro casos gramaticais: nominativo, acusativo, dativo e xenitivo. Os substantivos islandeses poden ter un dos tres xéneros gramaticais, masculino, feminino ou neutro. Os substantivos, adxectivos e pronomes son declinables en catro casos e dous números, singular e plural.

Morfoloxía

A morfoloxía islandesa conserva gran parte da estrutura do xermánico antigo. Os substantivos declínanse por caso, número e xénero, os adxectivos por caso, número, xénero e comparación, hɑi soamente dúas declinacións para os adxectivos, débil e forte. O islandés posúe só o artigo definido, o cal pode ir só ou pegado ao substantivo. Os verbos conxúganse segundo tempo, modo, persoa, número e voz. Existen tres voces: activa, pasiva e medial, non obstante pode debaterse se a voz medial é unha voz ou simplemente é unha clase independente de verbos. Hai dous tempos, pasado e presente; para elaboralos hai certo número de construcións auxiliares.

Os substantivos (Véxase tamén nomes débiles).

Os substantivos islandeses son similares ao nórdico antigo, tanto na forma coma na inflexión. Declínanse nos catro casos antes mencionados, e varían en xénero e número. Hai dúas declinacións principais para cada xénero: substantivos fortes e febles. Existen numerosas declinacións diferentes. Aquí un exemplo das declinacións "regulares" nos tres xéneros.

Glas = vaso, gler= cristal. Etimoloxicamente son a mesma palabra, pero glas é un préstamo e gler é nativa. O (j) na declinación de gler quere dicir que o j é unha intrusión tardía.

número caso masculino feminino neutro neutro singular nom. hattur borg glas gler ac. hatt borg glas gler dat. hatti borg glasi gleri xen. hatts borgar glass glers plural nom. hattar borgir glös gler ac. hatta borgir glös gler dat. höttum borgum glösum gler(j)um xen. hatta borga glasa gler(j)a

O xénero dun substantivo pode ás veces ser recoñecido observando a terminación: Substantivos masculinos—normalmente rematan en -ur, -i, -ll ou -nn Substantivos femininos—ídem -a, -ing ou -un Substantivos neutros—se a última letra da palabra ten un acento agudo (´), entón é xeralmente neutro.

Existen algúns substantivos, tal como leikfimi (ximnasia) que non son declinables.

Os artigos O islandés non ten un artigo indefinido (un/unha, o a/an inglés), e o artigo definido (o/a, o the inglés ou der/die/das alemán) únese ao final da palabra en cuestión. A seguinte táboa mostra as formas habituais de sufixación do artigo definido:

Sen artigo Artigo definido masculino feminino neutro masculino feminino neutro sing. plu. sing. plu. sing. plu. sing. plu. sing. plu. sing. plu. -ur -ar -0 -ir -0 -0 -urinn -arnir -0in -irnar -0ið -0in -i -inn -ll -a -ur -llinn -an -urnar -nn -nninn

O exemplo de abaixo amosa tres substantivos, un para cada xénero, declinado en nominativo: masculino: hvalur—“(unha) balea” convértese en hvalurinn—“a balea” feminino: klukka—“(un) reloxo” convértese en klukkan—“o reloxo” neutro: heimilisfang—“(un) enderezo” convértese en heimilisfangið—“o enderezo”

Pronomes Persoais Os pronomes persoais en islandés son como seguen: caso 1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa singular nom. ég þú hann hún það ac. mig þig hann hana það dat. mér þér honum henni því xen. mín þín hans hennar þess plural nom. við þið þeir þær þau ac. okkur ykkur þá þær þau dat. okkur ykkur þeim xen. okkar ykkar þeirra

A terceira persoa do plural ten igualmente os tres xéneros. Ao referirse a un grupo de persoas no que se achan homes e mulleres úsase a forma neutra. Coma en inglés, o pronome normalmente vai antes que o verbo:

Ég heiti Magnús — Chámome Magnús A orde da frase pode ser invertida. Neste caso, coma en todas as linguas xermánicas (agás o inglés moderno), o verbo ten que ocupar obrigatoriamente o segundo lugar:

Magnús heiti ég — "Magnús me chamo" (Chámome Magnús)

Como se ve, un cambio de orde coma este fai que a frase non teña moito senso, isto débese á perda da declinación, se o galego conservase a súa declinación de orixe latina, poderíamos facer este tipo de construcións.

Posesivos Os pronomes posesivos para un só posuídor son: caso 1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa singular nom. minn mín mitt þinn þín þitt sinn sín sitt ac. minn mína mitt þinn þína þitt sinn sína sitt dat. mínum minni mínu þínum þinni þínu sínum sinni sínu xen. míns minnar míns þíns þinnar þíns síns sinnar síns plural nom. mínir mínar mín þínir þínar þín sínir sínar sín ac. mína mínar mín þína þínar þín sína sínar sín dat. mínum þínum sínum xen. minna þinna sinna As tres columnas para cada persoa representan masculino, feminino e neutro respectivamente. Minn quere dicir meu, þinn quere dicir teu e sinn quere dicir seu.

Demostrativos Os demostrativos son como seguen: caso 1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa singular nom. þessi þessi þetta sá sú það hinn hin hitt ac. þennan þessa þetta þann þá það hinn hina hitt dat. þessum þessari þessu þeim þeirri því hinum hinni hinu xen. þessa þessarar þessa þess þeirrar þess hins hinnar hins plural nom. þessir þessar þessi þeir þær þau hinir hinar hin ac. þessa þessar þessi þá þær þau hina hinar hin dat. þessum þeim hinum xen. þessara þeirra hinna As tres columnas para cada persoa representan masculino, feminino e neutro respectivamente. Þessi e sá raramente corresponde ao este/ese e hinn quere dicir o outro entre os dous.

Indefinidos Hai arredor de quince ou vinte. A continuación amosamos o paradigma de enginn (ninguén) que é declinado da seguinte maneira: ninguén caso Masculino Feminino Neutro singular nom. enginn (engi) engin (engi) ekkert (ekki) ac. engan (öng(v)an) enga (öng(v)a) ekkert (ekki) dat. engum (öng(v)um) engri (öngri) engu (öng(v)u) xen. einskis (einkis) engrar (öngrar) einskis (einkis) plural nom. engir (öng(v)ir) engar (öng(v)ar) engin (engi) ac. enga (öng(v)a) engar (öng(v)ar) engin (engi) dat. engum (öng(v)um) xen. engra (öngra) Este é probablemente o pronome máis destacado do islandés. As formas en parentese son dialectais ou formas arcaicas, que só se usan na poesía. Existe unha forma aínda máis arcaica einugi, que é o dativo singular do neutro. Consérvase no refrán: Fátt er svo illt, að einugi dugi, raramente se traduce coma: Poucas cousas son tan malas que nada axuda.

Reflexivos O islandés posúe un pronome reflexivo, que funcionan dunha maneira parecida ó alemán sich. O caso nominativo non existe.

caso pronome ac. sig dat. sér xen. sín

Por exemplo, hann þvær sér — (El) lávase de seu, como oposición a que o laven, hún klæðir sig — (Ela) vístese de seu, como oposición a que a vistan. O pronome non distingue xénero ou número.

Numerais Os numerais do 1 ao 4 declínanse: un, unha masculino feminino neutronominativoeinneineittacusativoeinneinaeittdativoeinumeinnieinuxenitivoeinseinnareins dous, dúas masculino feminino neutronominativotveirtværtvöacusativotvotværtvödativotveimurxenitivotveggja tres masculino feminino neutronominativoþrírþrjárþrjúacusativoþrjáþrjárþrjúdativoþremurxenitivoþriggja catro masculine feminine neuternominativofjórirfjórarfjöguracusativofjórafjórarfjögurdativofjórumxenitivofjögurra

O resto dos numerais son coma seguen, e non se declinan menos aqueles que son realmente substantivos:

{| class="wikitable" style="text-align:center;" | 5||fimm||19||nítján |- | 6||sex||20||tuttugu |- | 7||sjö||21||tuttugu og einn |- | 8||átta||30||þrjátíu |- | 9||níu||40||fjörutíu |- | 10||tíu||50||fimmtíu |- | 11||ellefu||60||sextíu |- | 12||tólf||70||sjötíu |- | 13||þrettán||80||áttatíu |- | 14||fjórtán||90||níutíu |- | 15||fimmtán||100||(eitt) hundrað |- | 16||sextán||1.000||(eitt) þúsund |- | 17||sautján||1 000 000||(ein) milljón |- | 18||átján||0||núll

A palabra hundrað é en realidade un nome neutro, þúsund pode ser tanto feminino coma neutro e os múltiplos de mil máis altos son masculinos opu femininos, de acordo coa súa terminación, p.ex. milljón é feminino, milljarður é masculino etc. Núll é neutro.

Adxectivos Os adxectivos deben concordar co xénero e co número dos substantivos que describen. Por exemplo, a palabra íslenskur (Islandés) concorda como segue: