Aarschot ou Aerschot, concello do nordeste da provincia do Brabante Flamengo, Flandres, Bélxica. 65,52 km². 27 762 habitantes (2004), xunto ao río Demer. Comprende as cidades de Aarschot, Gelrode, Langdorp e Rillaar.

Centro agrícola e industrial: téxtil, alimentaria, mobles.

Patrimonio Igrexa da Nosa Señora construída entre 1337 e 1574 por Jacques Piccart. Historia

No século XVI converteuse nun ducado da familia Croy. Na primeira guerra mundial o concello ofreceu unha forte resistencia aos alemáns, polo que foi obxecto de fortes represalias por parte destes.

Categoría:Concellos da provincia do Brabante Flamengo