O 12 de maio é o 132º día do ano do calendario gregoriano e o 133º nos anos bisestos. Quedan 233 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1441 - García de Caamaño “O fermoso”, funda “Vila-García" (actualmente Vilagarcía de Arousa). 1820 - Fernando VII de España xura a Constitución de Cádiz, logo do triunfo do pronunciamento de Riego. 1881 - Tunisia, ó norte de África, tórnase protectorado de Francia. 1912 - A revista Blanco y Negro publica a que se considerou a primeira fotografía en cor publicada na prensa española, titulada "La primera lección" e obra de Fungairiño. En 2012 demostrouse que a mesma revista xa publicara outra fotografía en cor do mesmo fotógrafo o 11 de febreiro Nosabesnada.com e Calendario 2014 MUNCYT.. 1937 - Executados en Lugo os republicanos Balbino Cerdeiras Rey, José Vázquez Liz, Lisardo Sotelo Pérez e Manuel Vázquez Olmo 1976 - Accidente do petroleiro Urquiola na ría da Coruña. 2004 - Branko Crvenkovski convértese en Presidente de Macedonia do Norte.
Nacementos miniatura|100px|Ágnes Heller. 1755 - Giovanni Battista Viotti, violinista, compositor e pedagogo italiano (m. 1824). 1812 - Edward Lear, escritor británico (m. 1888). 1820 - Florence Nightingale, enfermeira británica (m. 1910). 1828 - Dante Gabriel Rossetti, escritor e pintor inglés (m. 1882). 1842 - Jules Massenet, compositor francés (m. 1912). 1845 - Gabriel Fauré, compositor francés (m. 1924). 1856 - Andreas Franz Wilhelm Schimper, botánico e fitoxeógrafo francés (m. 1901). 1875 - Matías Usero Torrente, relixioso e político galego (m. 1936). 1907 - Katharine Hepburn, actriz de cine norteamericana (m. 2003) . 1910 - Dorothy Crowfoot Hodgkin, bioquímica británica, Premio Nobel de Química (m. 1994). 1910 - Giulietta Simionato, mezzosoprano italiana (m. 2010). 1915 - Roger Schutz, ecumenista suízo (m. 2005). 1918 - Julius Rosenberg, enxeñeiro norteamericano (m. 1953). 1921 - Joseph Beuys, artista alemán (m. 1986). 1927 - Ramiro Carregal, empresario galego. 1928 - Alicia Herrera Rivera, avogada feminista, ministra da Corte de Apelacións de Santiago de Chile. 1929 - Sam Nujoma, primeiro presidente de Namibia. 1929 - Ágnes Heller, filósofa húngara. 1930 - Jesús Franco, director de cine español. 1933 - Andrei Voznesensky, poeta ruso (m. 2010). 1937 - George Carlin, cómico norteamericano (m. 2008). 1948 - Jorge Parada Mejuto, político e escritor galego. 1949 - Elena Salgado, política galega. 1950 - Bernardo Maiz, historiador galego. 1956 - Carlos Taibo, politicólogo galego. 1967 - Paul D'Amour, guitarrista norteamericano. 1975 - Jonah Lomu, xogador de rugby neozelandés.
Mortes miniatura|Antonio Vega en Santiago de Compostela. 1751 - Cayetano Gil Taboada, bispo galego (n. 1688). 1859 - Sergei Aksakov, escritor ruso (n. 1791). 1884 - Bedřich Smetana, compositor checo (n. 1824). 1907 - Joris-Karl Huysmans, escritor francés (n. 1848). 1914 - Eugenio Montero Ríos, destacado xurista e político galego (n. 1832). 1916 - James Connolly, socialista irlandés (n. 1868). 1921 - Emilia Pardo Bazán, escritora galega en lingua castelá (n. 1851). 1937 - Balbino Cerdeiras Rey, odontólogo e político galego (n. 1903). 1937 - Manuel Juncal Paredes, mestre e político galego. 1944 - Edel Quinn, misioneira católica irlandesa (n. 1907). 1965 - Roger Vailland, escritor francés (n. 1907). 1980 - Domingo Carvallo, militar e filósofo galego (n. 1897). 1985 - Jean Dubuffet, pintor francés (n. 1901). 2008 - Robert Rauschenberg, pintor estadounidense (n. 1925). 2008 - Irena Sendler, traballadora social polaca, heroína da segunda guerra mundial (n. 1910). 2009 - Antonio Vega, cantautor español (n. 1957). 2010 - Antonio Ozores, actor español (n. 1928).
Festas e celebracións Día Mundial da Fibromialxia e da Síndrome de Fatiga Crónica Día Internacional das Mulleres Matemáticas Día Internacional da Enfermeira
Outros Santoral: Santos Nereo, Aquileo, Domitila e Pancracio.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Maio