Darijo Srna [], nado en Metković o 1 de abril de 1982, é un futbolista croata que na actualidade xoga para o equipo ucraíno do Shakhtar Donetsk.

Pode ocupar calquera posición da banda dereita e é un auténtico especialista nos lanzamento de falta, amais dun bo centrador.

Clubs Srna comeza a súa carreira no Hajduk Split. As súas boas actuacións co cadro croata fixo que os olladores do Shakhtar Donetsk se fixaran nel, e así no ano 2003 é transferido xunta un dos seus compañeiros de equipo, o porteiro Stipe Pletikosa.

Na actualidade, dous clubs, o SL Benfica e o Liverpool FC andan tentando contratar a Srna, mais até o de agora no hai nada asinado.

Selección Srna participou en dúas grandes competicións coa selección croata.

Na Eurocopa de Portugal no 2004 xogou dous encontros. O equipo balcánica non puido pasar da primeira rolda.

No Mundial 2006 en Alemaña, foi titular nos tres encontros que disputou o equipo. No encontro decisivo contra a Australia anotou un magnífico tanto dun lanzamento de falta dende 32 metros. Malia este gol o encontro rematou cun empate a dous, e Croacia non foi quen de pasar de rolda.

En setembro de 2006 foi expulsado xunta os seus compañeiros Bosko Balaban e Ivica Olic, da concentración que estaba a face-la selección para preparar o encontro de clasificación para a Eurocopa 2008 contra a Rusia. A causa foi unha saída nocturna a unha discoteca na que se viron implicados nuha liorta.

Despois dun tempo o adestrador xa volta contar con el para a selección nacional.

Familia Srna ten ascendencia bosníaca por parte do pai, que ademais foi porteiro na súa xuventude.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos en JadranSport.org (Inglés) Croatian trio expelled from squad (Inglés)

Categoría:Nados no condado de Dubrovnik-Neretva Categoría:Nados en 1982 Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do HNK Hajduk Split Categoría:Xogadores do FC Shakhtar Donetsk Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014