Arturo Casas Vales, nado na Coruña o 21 de febreiro de 1958, é un teórico da literatura licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, ademais de doutor en Filoloxía Hispánica, poeta, tradutor e ensaísta galego.
Traxectoria Como investigador atendeu varios campos, entre os cales se atopan a obra de Rafael Dieste e os seus núcleos de acción cultural e política, o pensamento estético-literario contemporáneo, a teoría do poema, a intervención e o acto críticos, os estudos sistémicos, a metodoloxía da historia literaria e a poesía do século XX, con especial atención á galega nos períodos 1916-1936 e 1976 en adiante. Imparte clases de teoría da literatura e literatura comparada na USC.
Foi membro fundador e primeiro director do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes, (CIPPCE), constituído por oito grupos de investigación da USC. É membro do Comité de Coordinación da rede internacional "Poetics of Resistance". Co Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) e o Consello da Cultura Galega activou a base de datos e repositorio dixital poesiagalega.org,poesiagalega.org centrado no estudo da poesía galega dos séculos XIX, XX e XXI. Coordina grupos de traballo sobre poesía non lírica en perspectiva teórico-comparada e sobre a innovación da Historia literaria galega. É membro da Sección de Crítica literaria da AELG.
Entre setembro de 2008 e setembro de 2009 mantivo aberto o blog Lándoas. É un dos autores da base de datos do dicionario de termos literarios do Equipo Glifo.
Obras en galego Poesía Sombra de unidade (1990). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Díptico de Peniel (1991). Imbornália Editores. Pedra de Nadir (1995). Espiral Maior. Momentum (1997). Sotelo Blanco. Atrás, pasaxe (2011). Amastra-N-Gallar.
Ensaio, investigación e crítica literaria Rafael Dieste, Encontros e vieiros. Once charlas sobre plástica, teatro e literatura. Ediciós do Castro, 1990. Edición e introdución. Rafael Dieste, Fragua íntima. Aforismos (1926-1975). Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1991. Edición, introdución e notas. Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego. Galaxia, 1994. Bibliografía sistemática de teoría literaria. Universidade de Santiago de Compostela, 2002. Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000. Tris Tram, 2003. Editor. Antoloxía poética de Uxío Novoneyra. Galaxia, 2010. Alusión. Galaxia, 2011. Procesos da historiografía literaria galega. Para un debate crítico. 2021.Processes of Galician Literary Historiography
Xoán González-Millán. A projeção de um pensamento crítico, con Isaac Lourido e Cristina Martínez. 2023.Xoán González-Millán. A projeção de um pensamento crítico
Estudos ibéricos. Posibilidades e límites : Cuestións de método sobre revistas literarias, mediación e transferencia cultural. Andavira, 2024.
Aforismos
Futurario 2011 (Aforismos neopoéticos in modo antico) (2011, publicado en Internet).
Traducións Vello ceo nórdico. Antoloxía da poesía estonia contemporánea. Edición trilingüe estoniano-galego-inglés. Monografías do Boletín Galego de Literatura , Universidade de Santiago de Compostela, (2002). Edición en colaboración con Jüri Talvet. Pluriversos: Seis poetas irlandesas de hoxe. Edición bilingüe inglés-galego ou gaélico-galego ao coidado de Manuela Palacios. Follas Novas Edicións. Colaboración do Ireland Literature Exchange/Idirmhalartán Litríocht Éireann, col. Libros da Frouma, 2003. Tradución en colaboración con Manuela Palacios.
Obras colectivas Comentarios de textos contemporáneos, (1992), Xerais. Comentarios de textos populares e de masas, (1994), Xerais. Tentativas sobre Dieste (1995), Sotelo Blanco. Dicionario de termos literarios (A-D), (1998). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades – Xunta de Galicia . Autoría conxunta do Equipo Glifo. Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Tomo II (Literatura. Miscelánea), (2000, Universidade de Santiago de Compostela. Dicionario de termos literarios (E-H), (2003). Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia. Autoría conxunta do Equipo Glifo. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, (2003), Espiral Maior. Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, (2003), Consello da Cultura Galega. Elementos de crítica literaria, (2005). Xerais. Colectiva. DiTerLi. Base de datos do Dicionario de termos literarios, (2006), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia . Dirección conxunta do Equipo Glifo. Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. II), (2006), Consello da Cultura Galega. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, (2006), Difusora. Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, (2008), Xerais. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, (2009), Difusora. Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia). Performing Poetry. Body, Place and Rhythm in the Poetry Performance (2011, Rodopi). En colaboración con Cornelia Gräbner. Resistance and Emancipation: Cultural and Poetic Practices (2011, Peter Lang (Oxford). En colaboración con Ben Bollig. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega), libro electrónico. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega). Arredor das Irmandades da Fala (2016, Xerais). Textualidades (inter)literarias. Lugares de lectura y nuevas perspectivas teórico-críticas. 2020.
Obra en castelán Investigación e crítica literaria La teoría estética, teatral y literaria de Rafael Dieste, (1997). Universidade de Santiago de Compostela. La descripción literaria. Traza fenomenológica y semiótico-hermenéutica, (1999). Episteme. La historia literaria comparada y los estudios ibéricos. Producir otro presente. Edicions de la Universitat de Barcelona, 2026. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha autor en Xerais Páxina persoal da USC na Biblioteca Virtual Galega. Lándoas. Marxes de texto, blog do autor
Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Poetas de Galicia
Categoría:Críticos literarios de Galicia
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Nados en 1958