Léon Joseph Florentin Bonnat, nado en Baiona, Francia o 20 de xuño de 1833 e finado en Monchy-Saint-Éloi o 8 de setembro de 1922, foi un pintor francés.
Léon Bonnat naceu na cidade francesa de Bayonne. En 1846 mudouse a Madrid, España, onde o seu pai tiña unha libraría http://www.artfact.com/features/viewArtist.cfm?aID=24684 ArtFact. Retrieved November 27, 2006. Alí viviu ata 1853 e foi educado por Madrazo.
De volta a París, destacou como retratista, destacando nos seus traballos a influencia de Velázquez e os realistas españois. En 1869 gañou a medalla de honor de París sendo recoñecido como un dos principais artistas da súa época.
En 1888 Bonnat converteuse en catedrático na Ecole des Beaux Arts e en maio de 1905 sucedeu a Paul Dubois como director.
Os seus vivos autoretratos son a súa principal seña de identidade.
Entre os alumnos máis destacados de Bonnat atópanse Gustave Caillebotte, Suzor-Coté, Georges Braque, Aloysius O'Kelly, e Henri de Toulouse-Lautrec.http://wwar.com/masters/b/bonnat-leon.html World Wide Arts Resources. Retrieved November 27, 2006.
Notas
Categoría:Pintores de Francia Categoría:Nados en 1833 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Nados en Baiona, Francia Categoría:Profesores da École des Beaux-Arts