Santo Antonio da Encomenda é unha parroquia do concello da Pobra de Trives, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2015 tiña 103 habitantes (46 homes e 57 mulleres), 47 menos ca no 2000. Situada na vertente setentrional da Serra de Queixa a 835 m de altitude, está bordeada polo río San Lázaro e o río Cabalar e atravesada por regato da Retorta.

A parroquia eclesiástica da Encomenda inclúe tamén a parroquia civil da Somoza.

Patrimonio A igrexa parroquial, do século XIX, está no barrio dos Casares.

Fóra do núcleo de poboación hai varios soutos de castiñeiros na zona do Marzal, San Cosmede e nas beiras do río Cabalar, así como bosques de rebolos dende o Real até Veigas de Reis. Existe unha zona de bidueiros desde as Meas até o Alto do Castelo e Chao do Mouro. O Penedo Grande é unha rocha duns 20 m de altura con vistas a Pobra de Trives.

Lindando coa parroquia de Sobrado, no cumio do monte do Castelo, atópanse os restos dun castelo medieval (segundo as xentes da zona destruído na Guerra da Independencia española). Seguindo a liña do mesmo cumio, na zona chamada a Cividá, atópanse os restos do asentamento castrexo de Poula das Ánimas.

Festas Nesta parroquia celébranse a festa da Santa Ana (o primeiro domingo de setembro) e a festa patronal do Santo Antonio Abade (o 17 de xaneiro).

Lugares e parroquias Lugares da Encomenda

Parroquias da Pobra de Trives

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra de Trives

Categoría:Parroquias da Pobra de Trives Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Antonio Categoría:Parroquias eclesiásticas galegas que non coinciden coas civís Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas