O 14 de agosto é o 226º día do ano do calendario gregoriano e o 227º nos anos bisestos. Quedan 139 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1084: El Cid, o mando do exército da taifa de Zaragoza, vence a coalición do rei Al-Mundir de Lleida e Sancho Ramírez de Aragón na batalla de Morella. 1936 - Badaxoz cae en poder das tropas golpistas do xeneral Juan Yagüe, sendo posteriormente vítima dunha brutal represión 1941 - Estréase no teatro Mayo de Buenos Aires a obra de teatro Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. 1945 - Xapón réndese despois dos bombardeos nucleares e da invasión soviética en Manchuria. 2002 - M. Holman, J.J. Kavelaars, T. Grav, W. Fraser e D. Milisavljevic descobren as lúas Halímede e Sao do planeta Neptuno. 2002 - M. Holman, B. Gladman e colaboradores de ambos, descobren outra das lúas de Neptuno, Neso. 2015 - Na Habana (Cuba) ábrese a embaixada dos Estados Unidos. 2018 - En Xénova (Italia) desplómase parte da Ponte Morandi, causando decenas de falecidos.

Nacementos miniatura|100px|Wim Wenders. 1688 - Frederico Guillerme I de Prusia, rei de Prusia (m. 1740). 1737 - Charles Hutton, matemático inglés (m. 1823). 1777 - Hans Christian Ørsted, físico e químico dinamarqués (m. 1851). 1857 - Octavio Lois Amado, científico e escritor galego (m. 1888). 1867 - John Galsworthy, escritor inglés (m. 1933). 1875 - María Vinyals, escritora e feminista galega. 1903 - Eduardo Mallea, escritor arxentino (m. 1982). 1914 - Amador Martínez Fernández, sindicalista, militar e guerrilleiro galego. 1917 - Eudosia Lorenzo Diz, mestra galega (m. 2004). 1924 - Manuel Díaz Díaz, latinista e medievalista galego (m. 2008).

1926 - René Goscinny, guionista de historietas francés (m. 1977). 1943 - Juan Quintás Seoane, economista e político galego.

1945 - Wim Wenders director de cine. 1959 - Magic Johnson xogador de baloncesto. 1965 - Santiago Jaureguízar, xornalista e escritor galego.

Mortes miniatura|100px|Bertolt Brecht. 1841 - Johann Friedrich Herbart, filósofo, psicólogo e pedagogo alemán (n. 1776). 1856 - William Buckland, naturalista británico (n. 1784). 1886 - Edmond Laguerre, matemático francés (n. 1834). 1936 - Camilo Díaz Baliño, pintor, escenógrafo e artista gráfico galego (n. 1889). 1941 - Maximiliano Kolbe, freire franciscano polaco (n. 1894). 1941 - Paul Sabatier, químico francés (n. 1854). 1951 - William Randolph Hearst, xornalista e magnate da prensa estadounidense (n. 1863). 1956 - Bertolt Brecht, dramaturgo e poeta alemán (n. 1898). 1972 - Francisco Pérez Leirós, político e sindicalista galego na Arxentina (n. 1895). 1994 - Elias Canetti, escritor e pensador en lingua alemá (n. 1905).

Festas e celebracións

Paquistán - Día da Independencia

Outros Santoral: Santo Estanislau Kostka.

Os 366 días do ano

Categoría:Agosto