miniatura|300px|Forcada tradicional, de madeira Unha forcada é un apeiro agrícola formado por un mango longo rematado en entre tres e seis gallas garruchas e longas, amplamente separadas e cos extremos punzantes. Estas gallas adoitan ser redondas e finas, mais tamén poden ser planas, como as do raño ou a picaña. As forcadas tradicionais eran completamente de madeira, feitas aproveitando unha póla de árbore que se separase en tres a partir dun mesmo nó. Na actualidade, os dentes son metálicos e dispóñense en paralelo.

Esta ferramenta adoita usarse para levantar e transportar materiais a eito como palla, follas mortas, esterco etc.

Sinonimia En galego existen numerosos sinónimos para designar este apeiro: colmeira, forca, forcado, forcanza, forquita (cando é pequena, con dous gallos), furquito, galleta, galleto, gancha, benlo ou guita.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos A Forcada

Categoría:Apeiros agrícolas