Xabier López López, nado en Bergondo o 29 de xaneiro de 1974, é un escritor galego.
Traxectoria miniatura| Veciño de Betanzos dende 1993, é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Desenvolveu, paralelamente á súa carreira literaria, diversas actividades relacionadas co asociacionismo de base que o levaron a presidir a Asociación Cultural Eira Vella (1999-2003), entidade editora da revista semestral A Xanela, onde viron a luz as súas primeiras achegas literarias a mediados dos anos noventa.
Colaborador ocasional de prensa escrita e dixital (A Nosa Terra, De Luns a Venres, Grial, entre outras), a súa carreira autorial, centrada na narrativa, contempla primordialmente a novela, sen desatender incursións ocasionais no relato ou no mundo do conto infantil.
Obras Narrativa Doutor Deus, 1999, Sotelo Blanco. O caderno, 2001, Sotelo Blanco. O mono no espello, 2002, Sotelo Blanco. Publicada en castelán no 2014, co título El mono en el espejo, por editorial Baile del Sol. A estraña estrela, 2003, Galaxia.Publicada en portugués no 2004, co título A estranha estrela, por Deriva editores. A vida que nos mata, 2003, Galaxia. Publicada en castelán no 2014, co título La vida que nos mata, por Editorial Funambulista. Trinta e dous dentes, 2007, Galaxia. Publicada en castelán no 2015, co título Treinta y dos dientes, por Pulp Books. Os libros prestados, 2010, Galaxia. Publicada en castelán no 2013, co título Los libros prestados, por Libros de Pizarra. 1989, 2013, Biblos Clube de Lectores. Publicada en castelán no 2015 por Editorial Adeshoras. Cadeas, 2013, Xerais, Premio Xerais de novela. Publicada en castelán no 2017, co título Cadenas por editorial Hoja de Lata. Olympia Ring, 1934, 2014, Galaxia. Publicada en castelán no mesmo ano por Editorial Gregal. Max & Franz, 2018, Editorial Pre-Textos. 900 (2019). Galaxia. 904 páxs. ISBN 978-84-9151-389-6. Cocaína, 2022, Menino Morreu. Contrabiografía (2024). Vigo: Galaxia. 218 páxs. ISBN 978-84-1176-180-2.
Literatura infanto-xuvenil Biff, Bang, pow! (novela case negra), 1997, Sotelo Blanco. A vella quenlla perde os dentes, 2005, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título El viejo tiburón pierde los dientes, por Edebé. Traducido ao árabe en 2015 por editorial Kalima, Emiratos Árabes Unidos. Publicado en chinés por Hubei Children´s Press. Cando Artur non era rei, 2012, Galaxia. Son un can!, 2013, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título ¡Soy un perro, por Edebé. Publicado en chinés por Hubei Children´s Press. O home que sabía voar, 2015, Tambre-Edelvives. Publicado en castelán en 2017, co título El hombre que sabía volar, por Edelvives. Os tres desexos, 2017, Tambre-Edelvives. O segredo da vella librería, 2018, Galaxia. Tres segundos na zona, 2022, Oqueleo. Un frautista en Nilemah, 2023, Tambre-Edelvives. Publicado en castelán en 2023, co título Un flautista en Nilemah, por Edelvives e en catalán en 2025 co título Un flautista a Nilemah.
Traducións Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.
Participación en obras colectivas
Ollos verdes/Ojos verdes en Trece por docena, 2005, Caballo de Troya. Vacheron Constantin en Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, 2013, Xerais. Vida (e desventuras) dun libro (de poesía) en O libro dos libros, 2018, Galaxia. Amor aos animais en Contra o vento, 30 anos do premio García Barros, 2018, Galaxia. Do caso que lle aconteceu a Alfredo Aneiros en Miño (Antoloxía do relato galego actual), 2023, Xerais.
Premios Premio Risco de Literatura Fantástica no 2001, por O caderno. Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2002, por O mono no espello. Finalista do Premio San Clemente de lectores novos, por O mono no espello. Finalista do premio Losada Diéguez no 2003, por A estraña estrela. Premio García Barros no 2003, por A vida que nos mata. Premio da crítica española no 2003, por A vida que nos mata. Finalista do Premio de Novela europea Casino de Santiago, por A vida que nos mata. Finalista do premio Torrente Ballester no 2007, por Trinta e dous dentes. Premio Xerais en 2013, por Cadeas. Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2013. Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos de 2013, por Cadeas. Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor libro de 5º e 6º de Educación Primaria en 2017, por O home que sabía voar. Premio Juan March Cencillo de novela breve 2018 por Max & Franz. Premio Torrente Ballester 2018 de narrativa en lingua galega por 900. Premio Trevo 2025 por Contrabiografía.
Vida persoal É irmán do xornalista e político Paulo Carlos López.
É irmán da doutora en neurociencia Cristina López.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Entrevista a Xabier López feita polo alumnado de Literatura Galega do século XX no MGB
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Nados en 1974 Categoría:Gañadores do Premio García Barros